Urbanismo rexeita a petición dun referendo sobre o Plan Xeral
Co voto favorable do PP, a abstención do BNG e do PG, e o voto en contra do PSdeG-PSOE, o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo aprobou hoxe xoves un acordo polo que se desestima a petición dunha consulta popular sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).
O concelleiro de Urbanismo, José Manuel Figueroa, explicou o voto do PP apoiándose no informe emitido polo secretario xeral do Concello, no que se afirma que "a potestade de planificación urbanística é unha competencia de titularidade compartida". Isto significa que a decisión de convocar un referendo sobre o PXOM non só ten que ser aprobada por maioría absuluta do Pleno da Corporación Municipal, senón que debe obter tamén o respaldo da Xunta e ser ratificada polo Consello de Ministros.
José Manuel Figueroa asegurou que "estamos no momento oportuno" para que a Xunta dea o seu visto bo ao PXOM, documento que, segundo o representante do PP, o PSdeG-PSOE "pretende retrasar, paralizar e boicotear". Para Figueroa a actitude dos socialistas vigueses non ten moito sentido, xa que "o propio presidente da Xunta está ampremando a alcaldesa para que se aprobe o Plan Xeral".
En contra destas opinións, o concelleiro do PSdeG-PSOE Mauricio Ruiz argumentou que o PXOM "está mal feito" e afirmou que "mentres non sexa corrixido non contará co noso apoio". Ruiz engadiu que o Goberno municipal non quere "correr o risco" de someter o Plan Xeral a unha consulta cidadá porque "teme un resultado contrario aos seus intereses".
Pola súa parte, o representante do BNG Henrique Viéitez defendeu o "carácter supramunicipal" do interese suscitado polo PXOM e considerou que os cidadáns tiveron á súa disposición "mecanismos máis que suficientes" para expresaren as súas opinións durante a tramitación do documento.
A petición de someter o PXOM a consulta popular antes da súa aprobación foi respaldada por 21.065 sinaturas.
Descargar todas as imaxes