![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|
![]() |
![]() ![]() |
![]() |
![]() |
![]() ![]() ![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||||||||||||||
|
![]() |
Caballero: "A revolución da igualdade é imparable" ![]() O rexedor participa no acto oficial do Congreso Empresarias Galicia e espera que as mulleres sexan "cada vez máis protagonistas no desenvolvemento económico de Galicia".
Con estas palabras saudou esta mañá Caballero aos participantes do IV Congreso Empresarias Galicia, que desde onte e durante todo o día de hoxe analiza o papel da muller nos distintos ámbitos e sacarán conclusións sobre os pasos que toca seguir no camiño cara á igualdade. O rexedor felicitou aos organizadores por aumentar en dous días a duración do congreso e animoulles a que "cada vez máis este evento forme parte do desenvolvemento económico de Galicia". Xunto ao alcalde participaron no acto oficial a presidenta de asociación Empresarias Galicia, Susana Pérez; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; o delegado de Zona Franca, David Regades e a secretaria Xeral de Igualdade da Xunta, Susana López Abella. Silva lembrou as palabras de Simone de Beauvoir sobre a necesidade de que as mulleres "sigamos sempre alertas aos nosos dereitos por que calquera crise pode arrebatarnos o que tanto nos custou avanzar". Lamentou que, a pesar de representar o 52% da poboación, "as mulleres sigamos sen formar parte de moitos dos consellos de administración e postos de dirección das empresas" e criticou a persistencia da brecha salarial. Pola súa banda, Regades mostrouse convencido do "cambio real que está a acontecer e que nada pode xa frear". O IV Congreso Empresarias Galicia continúa hoxe con relatorios, talleres e networking e finalizará pola tarde coa entrega do Premio Empresarias Galicia e o Premio Traxectoria Profesional 2019. |
![]() |
|
![]() |
![]() |
![]() ![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() © Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003 |