Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
luns, 18 de xaneiro de 2016

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello cede un local de 600 metros cadrados á Asociación de Familiares de Alzheimer

Tras a reunión mantida este luns con responsables de AFAGA en Vigo, Abel Caballero informou da renovación do convenio de 18.000 euros coa entidade e da cesión dun local de 600 metros cadrados e doutro espazo ao carón do mesmo para realizar accións ao aire libre cos enfermos. Ademais, Vigo iniciará os trámites ante a Unión Europea para ser declarada cidade amiga da terceira idade.




O alcalde informou hoxe do encontro mantido con responsables de AFAGA, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer en Vigo, unha entidade coa que dixo que o Concello mantén unha relación ampla a través dun convenio de colaboración de 18.000 euros "que renovaremos", coa cesión dun local na rúa Rivera Atienza e cun programa de envellecemento activo.

Xunto coa renovación do convenio, Abel Caballero confirmou que o goberno local cederá á entidade un espazo "de 600 metros cadrados" ante a necesidade manifestada de ampliar as súas instalacións e poñerá á súa disposición "un espazo público na contorna dese local que tamén lle imos ceder" co fin de que poidan realizar accións educativas cos enfermos ao aire libre.

Así mesmo, o rexedor anunciou que Vigo iniciará o procedemento para ser declarada cidade amigable e solidaria coa terceira idade "unha distinción da Unión Europea que queremos ter", engadindo que "poucas cidades en España lle prestan tanta atención aos maiores como a que prestamos en Vigo nestes momentos". Segundo apuntou, Vigo reúne os requisitos para acadar ese recoñecemento que proporciona facilidades para solicitar axudas de ámbito europeo.
Mais noticias
Caballero anima a acudir á Feira do Cocido de Lalín, que se promociona en Vigo cun bus gastronómico


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003