Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 18 de decembro de 2013

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O goberno local ultima a creación de 46 aparcamentos fronte ao campo de fútbol de Navia

Abel Caballero avanzou este mércores que a obra comezará "de forma inmediata", posiblemente ao remate das festas de Nadal. O Concello adicará 240.000 euros para acondicionar, en tres meses, un espazo fronte ao pavillón e o campo de fútbol para estacionamentos.

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o plan de seguridade e saúde, aceptación do plan de recursos e nomeamento da dirección facultativa da obra de adecuación da parcela para o aparcamento no polideportivo de Navia.

Cun orzamento de 240.000 euros, indicou Caballero, e prazo estimado dos traballos de tres meses, o goberno de Vigo acondicionará un espazo fronte ao pavillón e o campo de fútbol para habilitar unhas 46 prazas de estacionamento. A distribución das mesmas será en batería a través dun vial ao que se accederá desde a rúa Lamelas.

O rexedor recordou que a construción do pavillón polideportivo de Navia contempla crear outras 200 prazas e o novo acceso a Teixugueiras desde a rotonda de Ricardo Mella prevé sumar outros 85 estacionamentos. En total, o número de novos aparcamentos que o Concello proxecta para o barrio ascende a 331.
Mais noticias
A demolición de tres inmobles en Peniche facilitará o tránsito de vehículos e peóns
O alcalde anuncia a concesión doutros 213.000 euros de apoio municipal a comedores sociais
Preto de 2.000 nenos e nenas participarán nos torneos de Nadal e Reis de fútbol 7
Inauguración exposición "Corintia" na Fundación Laxeiro
Pleno da Corporación, sesión extraordinaria
Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo
Xunta de Goberno Local


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003