Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
martes, 10 de decembro de 2013

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Navia contará con 331 novas prazas de aparcamento nos aledaños da rúa Teixugueiras

A Xunta de Goberno local adxudicou provisionalmente as obras para construir o aparcamento no Polideportivo de Navia. A estas 46 prazas, sumaránse 200 que chegarán co novo polideportivo e outras 85 coa nova redonda de Ricardo Mella.

Abel Caballero deu conta da clasificación de ofertas da adxudicación das obras para a adecuación da parcela para o aparcamento no Polideportivo de Navia. Tal e como dixo, serán 46 prazas que estarán rematadas en 3 meses, cun orzamento de 240.000 euros. O alcalde lembrou que o entorno de Teixugueiras contará con outras 200 prazas que chegarán da man do polideportivo previsto que xa está en fase de concurso, e outras 85 procedentes do novo acceso desde a rotonda de Ricardo Mella ata a rúa Teixugueiras.

Campaña turismo
O rexedor deu conta, asimesmo, da aprobación da clasificación do procedemento para a contratación dunha campaña de promoción de Vigo como destino turístico en medios on line, tendo como referencia o portal web oficial de turismo do Concello www.turismodevigo.org.

Caballero explicou que o prezo de licitación foi de 78.000 euros, mentres que a contrataciión é de 70.000 e o obxectivo é promocionar as potencialidades turísticas da cidade de Vigo, a través da rede. A promoción farase a través dos seguintes medios: portais www xerais e buscadores, portais dos principais medios de prensa, canais e portais turísticos: touroperadores, e axencias de viaxe on line e sitios e portais espeicalizados en turismo que coincidan co posicionamento de Vigo: turismo gastronómico, de natureza, náutico e as illas Cíes.
Mais noticias
O Concello adxudica a obra para cubrir o patio do colexio Castelao, en Navia, por 166.000 euros
Caballero invita a toda a cidade a realizar as compras do Nadal no mercado de "De Boa Man"
Clausura exposición Pinacoteca


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003