Escoitar

O Concello propón unha permuta de terreos para a Comunidade de Montes de Matamá cando se constrúa a cidade do frío

O goberno local propón que a superficie que ocupe o futuro polígono do frío en Matamá sexa compensado á Comunidade de Montes con máis superficie na parroquia e non con cartos. Así o prantexaron os representantes municipais no Comité Executivo de Zona Franca, recollendo unha suxerencia dos propios responsables dos montes en mancomún.

xoves, 26 set 2013
1380196798regades.jpg
O Concello de Vigo fai súa unha petición da Comunidade de Montes de Matamá para que os terreos que ocupe o futuro polígono do frío non sexan compensados económicamente senón permutados por outros montes na mesma parroquia. Segundo explicou David Regades, concelleiro de Fomento, así o solicitaron representantes municipais no transcurso do Comité Executivo de Zona Franca argumentando que, deste xeito, non se perdería superficie de monte. A superficie actual é de 705.000 metros cadrados e "sería unha mágona que se vixen mermados". Os membros do Comité Executivo aceptaron trasladar esta iniciativa para validala desde o punto de vista técnico e xurídico.

Por outra banda, o concelleiro socialista reiterou a predisposición do Concello de "facilitar todos os trámites necesarios" para a posta en marcha da aceleradora de empresas aeroespaciais e "que Vigo non deixe de liderar a tecnoloxía do espazo". Precisou que o proxecto, cun orzamento de 2,5 millóns de euros procedentes sobre todo dos Fondos Feder, está en proceso de elaboración.
Descargar todas as imaxes