Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 26 set 2013
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 27 DE SETEMBRO DE 2013.



1.- Acta da sesión ordinaria do 13 de setembro de 2013.


BENESTAR SOCIAL
2.- Prestación do Servizo de Axuda no Fogar: alta exptes. 2044/21, 2833/14, 138/14, 13/14, 1008/06

CONTRATACIÓN
3.- Adxudicación do procedemento aberto para a contratación da subministración de mesturas bituminosas e emulsións asfálticas para o Taller de Vías e Obras da Área de Fomento do Concello de Vigo. Expte. 68814/250.

4.- Adxudicación do procedemento aberto para a contratación do Servizo Sanitario asistencial a persoas con problemas derivados do consumo de drogas. Expte. 1850/315.

5.- Solicitude de autorización da transmisión mediante escisión de Prazadouro S.L. da concesión demanial para a xestión e explotación do aparcamento e locais comerciais da Praza de D. Francisco Fernández del Riego e Mantemento e conservación da mesma á sociedade "Centro Comercial Plaza Elíptica S.L.". Expte. 4564/241.

6.- Devolución de garantía a Hidroestructuras S.L. Expte. 4548/241.

CULTURA, FESTAS E MUSEOS
7.- Dar conta da relación de contratos menores tramitados no Servizo da Área de Cultura, Festas e Museos durante o mes de agosto de 2013. Expte. 290/330.

8.- Bases e convocatoria de subvención spara programas de actividades socioculturais realizadas no ano 2013. Expte. 5020/335.

9.- Indemnización substitutiva por importe de 9.680 € a favor de "La Fiesta Escénica" pola carroza da Policía Local de Vigo pra a Cabalgata de Reis 2013. Expte. 5095/335.



EMPREGO
10.- Aceptación da subvención para a realización de actividades de información, orientación e prospección de emprego 2013. Expte. 10354/77.

11.- Recurso de reposición presentado por Dª. Beatriz Martínez Figueroa contra acordos da X.Goberno local de aprobación das "Bases e convocatoria de axudas contra a crise para atender necesidades básicas dos veciños e veciñas de Vigo, exercizo 2013". Proposta desestimatoria.

12.- Proposta para deixar sen efecto a convocatoria e as bases de subvencións para o Fomento do Emprego nas Asociacións Veciñais, aprobadas pola X.Goberno local o 23.08.13, por inexistencia de solicitudes. Expte. 10119/77.

FOMENTO
13.- Proxecto de mellora de Infraestructuras nas parroquias do Concello de Vigo. Expte. 2424/443.

14.- Expediente de contratación das obras de reforzo da capa de rodadura no firme de diversas rúas do Casco urbano no termo municipal de Vigo polo procedemento aberto. Expte. 2021/440.

LIMPEZA
15.- Revisión ordinaria do prezo do contrato de recollida e transporte de residuos sólicos urbáns, limpeza viaria e praias do Concello de Vigo (xuño 2010/2011). Expte. 136/242.


MONTES, PARQUE E XARDÍNS
16.- Expediente de contratación do mantemento e conservación das áreas biosaludables e áreas deportivas ximnásticas. Expte. 7163/446.

OSPIO
17.- Nomeamento dirección facultativa da obra "Actuación nas instalacións eléctricas de diversos bombeos da rede de saneamento". Expte. 2344/443.

18.- Plan de xestión de residuos da obra "Actuación nas instalacións eléctricas de diversos bombeos da rede de saneamento". Expte. 2441/443.



PARTICIPACIÓN CIDADÁ
19.- Indemnización substitutiva por importe de 16.396,58 € a favor de IMESAPI S.A. pola prestación do servizo de Conserxería e atención ao público nos centros cívicos durante os meses de xuño e xullo de 2013. Expte. 2908/321.


RECURSOS HUMANOS
20.- Aboamento de cantidades en execución de sentenzas a Dª Enma Díaz López e outras. Expte. 24437/220.

21.- Domingos, festivos e nocturnidade do persoal dos distintos servizos correspondentes ao mes de agosto de 2013. Expte. 24433/220.

22.- Complemento de productividade do persoal do Servizo de Cemiterios por xornada partida correspondente ao mes de agosto 2013. Expte. 24429/220.

23.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios do persoal do Servizo de Cemiterios por exceso de xornada anual correspondente ao mes de agosto 2013. Expte. 24431/2013.

24.- Bases selección para a contratación laboral-temporal dun/dunha técnico/a de Normalización Lingüistica, con motivo de subvención da Secretaría Xeral de Política Lingüistica. Expte. 24444/220.

25.- Dar conta de resolucións do Concelleiro-delegado de Xestión Municipal:

a) Resolución de data 19/09/2013, de concesión de permiso non retribuído ao empregado municipal D. Roberto Ballesteros Costas. Expte. 24458/220.

b) Resolución de data 16/09/2013, de prórroga de permanencia no servizo activo de D. Basilio Costas Fernández. Expte. 24443/220.

c) Resolución de data 19/08/2013, de readmisión de Dª Natalia Barreiro Figalgo en execución provisional de sentenza. Expte. 24363/220.

d)Resolución de data 22/08/2013, de readmisión de Dª Enma Díaz López en execución provisional de sentenza. Expte. 24371/220/220.




SECRETARÍA XERAL
26.- Dar conta da resolución da Alcaldía de delegación no concelleiro Carlos López Font da tramitación impulso e instrucción do expediente da contratación da xestión indirecta do Mercado do Progreso, así como a posta en marcha do proxecto funcional do Mercado do Berbés.

SEGURIDADE
27.- Devolución de fianzas:

a) Asociación Festas do Rosario. Expte. 86987/210.
b) Asociación Comisión de Festas Virxe dos Afrixidos de Zamáns. Expte. 86858/210.
c) Entidade Local menor de Bembrive. Expte. 86704/210.

XUVENTUDE
28.- Rectificación do acordo da X.Goberno local do 13.09.13, relativo ao expediente de contratación do Servizo de Xestión do Centro de usos múltiples Vigosónico. Expe. 3927/336.

29.- Prórroga do contrato de Xestión do Programa de dinamización Xuvenil do Castro.

30.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA

Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 27 de setembro de 2013, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 25 de setembro de 2013.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Dª. Mª Jesús Lago Rey.