Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 31 de xaneiro de 2013

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello da orde á empresa responsable da teleasistencia de repoñer os dispositivos retirados

Os 104 maiores aos que lles foi retirado o dispositivo da teleasistencia volverán contar con el a partir de mañá. Así llo indicou a responsable de Eulen, empresa concesionaria do servizo, ao rexedor durante unha reunión na que Caballero lle entregou o contrato para que o Concello manteña o servizo.




O alcalde de Vigo, acompañado da tenente de alcalde e as concelleiras de Facenda e Benestar Social, Carmela Silva, Raquel Díaz e Isaura Abelairas, respectivamente, reuniuse hoxe xoves coa responsable de Eulen, a empresa que presta o servizo de teleasistencia a case 600 maiores en Vigo. Tal e como detallou, o rexedor entregoulle un contrato por 18.000 euros para manter o servizo durante os dous próximos meses, nese momento, engadiu, buscarase outra figura administrativa ata que saia o concurso público. Asimesmo, avanzou que a partir de mañá repondránse os 104 dispositivos que se retiraron cando o Goberno Central e a Deputación retiraron a súa partida económica. Durante a súa comparecencia, Caballero lembrou que estas case 600 persoas serán asistidas polo Concello por unha cuestión moral porque non ten nen competencias nen obriga legal. "Mentres que este Goberno siga ao fronte do Concello ninguén se vai quedar sen esta asistencia", remachou.
Mais noticias
O alcalde destaca que os orzamentos adican 20 millóns para emprego e 17 para políticas sociais
Caballero entrega as chaves aos adxudicatarios das 28 vivendas municipais de Navia
A Fundación Laxeiro presenta "MESA DE TRABALLO Ensamblaxe e colaxe en Galicia"
Festa de Teatro Emerxente: Teatro á Feira
Programación do Museo Liste-Etnográfico de Vigo para o primeiro trimestre de 2013
Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo
Xunta de Goberno Local


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003