Escoitar

O rexedor cualifica de "produtiva e moi satisfactoria" a reunión para buscar solucións á sequía

Unha comisión técnica será a que decida a mellor fórmula para buscar solución ao "preocupante" problema de auga que ten a área de Vigo. Segundo explicou hoxe luns Caballero logo dun encontro co conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, e os alcaldes de Pontecaldelas e Soutomaior, será antes de dous meses cando se prantexe a "solución para unha grande cuestión que afecta a máis de medio millón de persoas".

luns, 29 ago 2011
1314624052hernandez.jpg
O rexedor cualifica hoxe luns de "moi positiva e con resultados" a reunión que hoxe mantivo co conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández e cos alcaldes de Soutomaior e Pontecaldelas. "A solución está moi ben orientada e estamos a punto de resolver unha grande cuestión para más de medio millón de habitantes", ainda que matizou que o "encontro se celebraba "con tres meses de retraso". Caballero explicou que será unha comisión formada por técnicos da Xunta e do Concello a que se encargue, "en menos de dous meses" de buscar a mellor solución para un problema que, en termos de habitantes equivalentes, afecta a máis dun millón de persoas.

Estamos diante de dúas posibilidades, dixo o rexedor, ou buscar unha solución definitiva -que pasaría por conectar a parte máis alta do río Verdugo con Eiras-, ou optar por un sistema de bombeo que so resolvería un problema de sequía extrema. En todo caso, e aínda que son os técnicos os que teñen que estudialo, Caballero amosou a súa preferencia por atallar o problema de forma definitiva "porque a demanda de auga na zona vai ser maior cada vez". Nestes momentos, indicou, abastécese a Fornelos, Soutomaior, Redondela, Vigo, Porriño, Salceda, Nigrán e, eventualmente, Baiona, "pero sabemos que a demanda vai ir en aumento e a nosa obriga política é, na medida do posible, anticiparnos ás situacións". Nesta liña, amosou de novo a súa preocupación "porque estamos no peor escenario de sequía dos últimos dez anos". Caballero loubou a predisposición dos alcaldes presentes e, confiou en que o rexedor de Fornelos, quen non poido acudir á reunión, se sume ao acordo.
Descargar todas as imaxes