Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 30 de xuño de 2011

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Caballero clausurou no Pazo de Castrelos a XXII edición da Olimpiada Matemática

O alcalde de Vigo clausurou este xoves a XXII Olimpiada Matemática, que celebrouse na cidade desde o pasado 26 de xuño, ante un centenar de persoas aproximadamente. Caballero tamén participou da entrega de premios, previa ao paseo polos xardíns históricos do Pazo Museo Quiñones de León. O evento estivo organizado pola Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática e contou coa colaboración da Concellería de Educación.




Vigo acolleu desde o pasado 26 de xuño ata hoxe xoves a vixésimo segunda edición da Olimpiada Matemática, organizada pola Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática e coa colaboración da Concellería municipal de Educación.

A organización preparou un amplo e completo programa que combinou actividades matemáticas con propostas culturais e lúdicas, ademais de visitas turísticas.
Mais noticias
O alcalde tende a man ao novo presidente da Autoridade Portuaria para "o beneficio da cidade e do Porto"
Abel Caballero afirma na presentación da Vigo Cup que o seu goberno ten "paixón polo deporte"
Caballero animou ás seleccións de Vigo que competirán nos IX Xogos do Eixo Atlántico
Caballero asistiu á apertura das novas instalacións de Librería Médica Carrera en Vigo
A Rede Europea de Orquestras Folk (ENFO) celebra o seu terceiro encontro en Aosta, Italia
Abre a Feira do Libro de Vigo
Xunta de Goberno Local


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003