Escoitar

Calviño anuncia que os coches pouco contaminantes poderán circular polo carril bus de Gran Vía

O concelleiro de Mobilidade avanzou hoxe xoves esta medida na presentación das I Xornadas sobre Sistemas Intelixentes de Transporte en Galicia, a celebrar mañá en Vigo. Ademais de taxis e buses, o que chamarase carril verde poderá empregarse por coches con máis dun ocupante e tamén por vehículos eléctricos, híbridos e pouco contaminantes, que están exentos de taxas municipais. Esta alternativa entrará en vigor este ano, será experimental e estudarase a súa aplicación noutros puntos da cidade.

xoves, 30 set 2010
1285849098xulio.jpg
O concelleiro de Transporte e Mobilidade, Xulio Calviño, anunciou este xoves que os vehículos con máis dun ocupante e os pouco contaminantes poderán circular polo carril bus da Gran Vía, unha medida hábil antes de rematar o ano.

Calviño avanzou esta iniciativa na presentación das I Xornadas sobre Sistemas Intelixentes de Transporte en Galicia, que terá lugar mañá venres na cidade de Vigo. O Concello vigués participará cunha ponencia titulada "Do carril verde ao pacto pola mobilidade", na que explicarase esta novidosa alternativa de tráfico -que será regulada por cámaras- e exporase a intención municipal de acadar un gran pacto no transporte que inclúa a participación dos axentes sociais.

Segundo explicou o edil socialista, o obxectivo municipal pasa por "facer (aos axentes sociais) partícipes da política de mobilidade deste Concello", polo que preténdese involucrar ás asociacións veciñais, aos sindicatos, ás empresas de transporte, aos taxistas, aos colectivos de ciclistas e motoristas, etcétera.

Xornada
Xulio Calviño presentou este xoves a I Xornada sobre Sistemas Intelixentes de Transporte en Galicia, promovido pola Alcaldía de Vigo e pola empresa ITS. Trátase do primeiro acto destas características en territorio galego e conta coa colaboración da Dirección Xeral de Tráfico, da Dirección Xeral de Transporte do Ministerio de Fomento e de Caixanova.

Nas distintas mesas redondas e ponencias participarán expertos da Xunta de Galicia, de ITS España, da DXT, de VITRASA, dos concellos de Vigo e Coruña, de PSA Peugeot Citroën e do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia, entre outros.
Descargar todas as imaxes