Escoitar

Ángel Rivas cifra nun 20% o incremento da participación cidadá na vida municipal no ano 2009

O concelleiro de Distritos e presidente da "Comisión de Queixas e Suxestións" presentou este luns ante o Pleno da Corporación o balance da actividade da devandita mesa no ano 2009, no que producíuse un incremento do 20% sobre 2008 na presentación de queixas, suxestións e parabéns. O socialista achacou este ascenso na participación á "actitude de transparencia e eficacia do goberno municipal", que reduxo á metade o tempo de resposta.

luns, 28 xuñ 2010
1277729352rivas.jpg
O concelleiro de Distritos e presidente da "Comisión de Quexas e Suxestións" municipal presentou hoxe luns ante o Pleno o balance desta no ano 2009, que rexistrou un incremento medio do 20% da participación da cidadanía na vida municipal con respecto ao ano 2008.

Segundo explicou o edil socialista, a "transparencia e eficacia do goberno municipal" propiciou este ascenso na presentación tanto de queixas como de suxestións e parabéns ao Concello. Rivas explicou que o tempo medio de resolución dos expedientes presentados á Comisión era de 240 días en 2007 e en 2009 rebaixouse a 105 días.

No tocante as queixas, as presentadas incrementáronse nun 20% -principalmente en Vías e Obras, Seguridade e Mobilidade- cunha resolución dun 77%, un 22% máis que en anteriores mandatos. Os parabéns recibidos pola Comisión ao goberno municipal subiron en 2009 un 30% con respecto ao 2008, valorando especialmente "a reducción no tempo de tramitación dos expedientes". Limpeza, Atención Cidadá e Parques e Xardíns son algúns dos departamentos municipais que reciben maior número de felicitacións.

O número de suxestións presentadas pola cidadanía viguesa ascendeu en case un 8% sobre 2008, un 16% se a comparamos con 2007. Vías e Obras e Mobilidade e Seguridade son as concellerías que reciben un maior número de propostas de mellora.

Ángel Rivas agradeceu a participación da cidadanía, así como a do Valedor do Cidadá, Luis Espada, e a dos representantes dos grupos políticos con representación municipal presentes na Comisión. O socialista concluíu a exposición salientando a "transparencia e proximidade" do goberno que preside Abel Caballero na procura de "potenciar o papel cidadá na xestión pública".
Descargar todas as imaxes