Escoitar

Abel Caballero salienta o "clima de pacto" polo emprego da cidade como o mecanismo para saír da crise

O alcalde convocou este mércores á "mesa do pacto local polo emprego", que aúna ao Concello, sindicatos e empresarios para buscar mecanismos de saída da crise "de forma consensuada". Na reunión celebrada hoxe constatouse o acordo entre as partes para determinar os mecanismos de actuación e os recursos económicos para loitar contra o desemprego.

mércores, 28 out 2009
1256739034pactoempleo.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, que encabezou este mércores unha nova reunión da "mesa do pacto local polo emprego", eloxiou o "clima de pacto" existente en Vigo como o mecanismo para saír da crise actual.

Hoxe mércores reuniuse a mesa do emprego no Concello, co obxectivo de constatar o acordo existente entre as partes para definir os mecanismos e os recursos económicos de actuación contra a crise e o desemprego na cidade.

Segundo indicou o rexedor, o goberno de Vigo está a desenvolver unha política de "pacto polo emprego" a nivel local con sindicatos e empresarios como o xeito de avanzar na saída da crise, un clima que a cidade "necesita" y desde Vigo "se está a potenciar perennemente", tanto no ámbito local como coas administracións autonómica e estatal.
Descargar todas as imaxes