Escoitar

Xunta de Goberno Local

venres, 10 xuñ 2005
Asuntos que tratará a Xunta de Goberno Local na sesión ordinaria que celebra ao luns, día 13, ás 9 horas.

1.- Acta das sesións ordinarias do 16 e 23 de maio e extraordinaria do 27 de maio de 2005.

BENESTAR SOCIAL
2.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Asociación Española contra el Cancer para o execución dun taller de apoio psicolóxico a enfermos/as de cancro. Expte 12726/301.

3.- Participación do Concello de Vigo na convocatoria da Deputación Provincial de Pontevedra para as axudas de "Emerxencia Social" de acondicionamento de vivendas para familias con problemática socio-económica, ano 2005. Expte 12744/301.

4.- Prestación do Servizo de Axuda no Fogar: Alta exptes 21/136, 21/287, 21/962, 22/1323 e 01/381/2005.

5.- Dar conta dos expedientes de gasto menor tramitados pola Unidade Asistencial de Drogodependenzas CEDRO durante os meses de marzo e abril de 2005.

DEPORTES
6.- Proposta para iniciar a tramitación dun expediente de contratación dun estudio de viabilidade para a concesión de obra pública e explotación dun complexo de auga en Navia.

DESENVOLVEMENTO LOCAL E EMPREGO
7.- Bases da convocatoria de axudas municipais á creación de empresas 2005 no marco do Plan municipal de emprego 2004-2007. Expte. 3143/77.

8.- Bases da convocatoria de axudas municipais á contratación 2005, no marco do Plan municipal de emprego 2004-2007. Expte. 3105/77.

ELECTROMECÁNICOS
9.- Ampliación de contrato para o mantemento integral das instalacións electromecánicas dos tuneis e pasos inferiores da cidade de Vigo. Expte. 11245/444.

FESTAS E A.SOCIOCULTURAL
10.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Federación de Peñas Recreativas "El Olivo" para actividades socioculturais durante o exercicio 2005. Expte. 1518/335

11.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados no servizo de Festas e Animación Sociocultural no mes de maio de 2005.Expte. 1522/335.

MEDIO AMBIENTE
12.- Procedemento sancionador por contaminación acústica contra o establecemento Pub con música denominado "Nemomanía S.L." sito na rúa Arenal 20, baixo. Expte. 3299/306.

MOBILIDADE E SEGURIDADE
13.- Solicitude da Cofradía do Stmo. Cristo dos Afrixidos de autorización para a realización da "Festa de Bouzas", os días 15 ao 19 de xullo de 2005. Expte. 71025/210.

14.- Solicitude de Burored de autorización para instalación dunha carpa na Praza do Rei para unha exposición en relación coa pesca, os días 12 ao 17 de xullo de 2005. Expte. 71045/210.

15.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Cruz Vermella Española para o servizo de primeiros auxilios e transporte sanitario nas praias no ano 2005. Expte. 71044/210.

16.- Protocolo de colaboración entre o Concello de Vigo e a Asociación para a integración e desenvolvemento do African@. Expte.

17.- Devolución de aval por importe de 1.500 € a favor de Sanchez Alvarez S.L. constituído por reserva especial de vía pública na rúa Venezuela nº 78. Expte. 71046/210.

18.- Devolución de aval por importe de 1.500 € a favor de Sánchez Alvarez S.L. constituído por reserva especial de vía pública na rúa Pontevedra nº 8. Expte. 71047/210.

MONTES, PARQUES E XARDÍNS
19.- Indemnización substitutiva por importe de 470.307,98 € a favor da empresa Cespa S.A.en concepto da prestación do servizo de mantemento e conservación da zonas verdes. Expte. 3122/446.

20.- Devolución de fianza por importe de 1.500,00 € a favor da empresa MM. Transcar S.L. en concepto danos por utilización do Camiño de Sanín en San Andrés de Comesaña.. Expte. 3139/446.

PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
21.- Proposta de incoación de expediente para recuperación de oficio da posesión da propiedade municipal sita na parte traseira da parcela pertencente ao edificio da avda. de Balaídos nº 63. Expte. 17125/240.

22.- Expediente de contratación por concurso da prestación do Servizo de mantemento de parques forestais do Concello de Vigo. Expte. 3058/446.

23.- Adxudicación das obras de construcción da segunda fase do muro e peche do CEIP Coutada Beade. Expte. 6508/332.

24.- Prórroga e modificación do contrato para a prestación do servizo de salvamento e socorrismo nas praias do Concello de Vigo adxudicado a Temperans-Animals S.L. Expte. 2596/306.

25.- Proposta para seleccionar a Movex Vial S.L como licitador dentro do procedemento restrinxido para a execución das obras de reconstrucción da pérgola de Jenaro de la Fuente. Expte. 39422/250.

26.- Devolución de fianza a favor de Xoma Iniciativas Sociais S.L. constituída pola prestación do servizo de información xuvenil. Expte. 752/241.

27.- Reclamacións de danos:
a) Manuel Pena Vieitez. Expte. 109/243. Estimada.
b) Marcelino Gómez Fernández. Expte. 105/243. Estimada.
c) Zurich España (Ricardo Juncal Crespo). Expte. 345/243. Estimada.
d) José Luis Cruces Cendón. Expte. 15580/240. Estimada.

PERSOAL
28.- Suspensión de emprego a funcionario municipal da Policía Local en cumprimento de sentenza da Audiencia Provincial de Pontevedra – rollo penal 1/2005.

29.- Dar conta da resolución da Alcaldía de data 31.05.05 de adscrición de D. Lois Cea Nogueira ao posto de director Verbum-Arquivo Pacheco. Expte. 14/338.

30.- Dar conta da resolución de Alcaldía de 1.06.05 de declaración en situación de servizo activo á funcionaria Dª María Gómez Janeiro adscribíndoa ao posto de Coordinadora do Sevizo de Benestar Social. Expte. 15652/220.

31.- Proposta para a contratación dunha oficial sepultureira polo período de 3 meses por acumulación de tarefas. Expte. 15806/220.

32.- Proposta para a contratación de 3 auxiliares administrativos por acumulación de tarefas, por un período de 3 meses, para diferentes serizos municipais. Expte. 15818/220.

33.- Oferta de emprego público 2005. Expte. 15823/220.

TRIBUNAL ECONÓMICO-ADMINISTRATIVO
34.- Proposta para a subscrición ás bases de datos "Práctico Administración Local" e "1 Usuario Adicional" con Editorial Aranzadi S.A. Expte. 81/550.

URBANISMO
35.- Recurso de reposición interposto por D. José Carlos Medina López contra aprobación definitiva do proxecto de compensación do PERI II-05 Rocío. Desestimado. Expte. 4596/401.

36.- Recurso de reposición interposto por D. Raimundo Iglesias Pérez e outros contra aprobación definitiva do proxecto de compensación do PERI II-05 Rocío. Desestimado. Expte. 4597/401.

37.- Recurso de reposición interposto por Picosur S.L. contra aprobación definitiva do proxecto de compensación do PERI II-05 Rocío. Desestimado. Expte. 4598/401.

38.- Recurso de reposición interposto por D. Manuel Ventura Fernández Fernández e outros contra aprobación definitiva do proxecto de compensación do PERI II-05 Rocío. Desestimado. Expte. 4599/401.

39.- Recepción das obras de urbanización de rúa entre Portela e Fontáns. Expte. 3931/401.

40.- Recepción das obras de urbanización do E.D. II-01 Miguel Servet-rúa Chouzo. Expte. 37504/421.

VIAS E OBRAS
41.- Expediente para a contratación por procedemento negociado da asistencia técnica para a redacción de proxectos de construcción, reforma e grande reparación de diversos muros no termo municipal. Expte. 44673/250.

42.- Expediente para a contratación por concurso das obras de humanización da Rúa Alfonso X el Sabio" Expte. 67/443.

43.- Expediente para a contratación por concurso das obras de humanización da zona das ostras, fase 1, rúa Mestre Mateo. Expte. 73/443.

44.- Aprobación técnica do proxecto "Reparación da capa de rodadura no camiño Oriños".Expte. 57/443.

45.- Aprobación técnica do proxecto de "Reparación da capa de rodadura na rúa Mestre Montes. Expte. 61/443.

46.- Aprobación técnica do proxecto de "Reparación da capa de rodadura na rúa Pizarro"(dende Vázquez Varela a Isabel a Católica). Expte. 64/443.

47.- Aprobación técnica do proxecto de "Rehabilitación de muro de sostenemento no Camiño da Devesa" (Candeán). Expte. 66/443.

48.- Recepción das obras de urbanizaicón na prolongación da rúa Enrique Lorenzo (Teis). Expte. 37045/421.

49.- Rogos e preguntas.