mércores, 8 maio 2024

O rexedor asiste á conmemoración do Día de Europa

mércores, 8 mai 2024

A Axencia Europea de Control da Pesca, con sede na nosa cidade, celebrou esta mañá no Museo do Mar o acto de celebración do Día de Europa, que se conmemora o 9 de maio e marca o aniversario da histórica "Declaración Schuman", que sentou os cimentos da actual Unión Europea. Na súa quenda de palabra, Abel Caballero destacou a gran importancia do ente comunitario na actualidade, exclamando que "esta é a Europa coa que soñamos durante tanto tempo".

Alumnado do Colexio O Pombal achégase aos escenarios da Reconquista co programa "A máquina do tempo"

mércores, 8 mai 2024

Abel Caballero explicou este venres aos 40 alumnos do Colexio Plurilingüe O Pombal que participan na actividade didáctica "A Máquina do Tempo- Reconquista 2024" o valor co que a cidadanía de Vigo afrontou en 1809 a xesta de recuperar a cidade do dominio francés tras expulsar ao exército invasor. O alcalde remarcou a importancia de que os estudantes coñezan a historia de Vigo e percorran os lugares crave onde se sucederon os episodios lembrados cada ano na cidade. O Concello de Vigo achega a Reconquista a preto de 1200 escolares de 5ª e 6ª de Primaria.

Novos actores "debutan" nas "XIV Xornadas Municipais de Teatro Escolar"

mércores, 8 mai 2024

Abel Caballero animou ao alumnado do Ceip Belesar e da Escola Municipal de Teatro, que participaron este mércores nas “XIV Xornadas Municipais de Teatro Escolar", a seguir vinculados ás artes escénicas como actores e como espectadores. Insistiulles nas capacidades e as destrezas que se desenvolven a través da representación teatral e puxo en valor a achega do Concello a través da Escola Municipal de Teatro. Aproximadamente 1.100 alumnos e alumnas participan nesta experiencia teatral.