O alcalde pide unidade para "repensar melloras" na Constitución "sen tocar o seu núcleo duro"
O Concello de Vigo celebrou este martes o Día da Constitución cun acto institucional no que Abel Caballero defendeu unha Carta Magna que ampara "o periodo máis próspero e democrático da historia de España" e avogou por "camiñar xuntos" na súa actualización "sen tocar as liñas vermellas". O bando foi redactado e lido polo fiscal xefe de Pontevedra, Juan Carlos Aladro.