venres, 4 abril 2014

O goberno local presentará unha moción para que baixe o IVE das perruquerías

venres, 4 abr 2014

O goberno local respalda a petición do sector da perruquería que reclama un IVE reducido para poder manter abertas as súas empresas e os empregos. Así o avanzou esta mañá a tenente de alcalde, Carmela Silva, quen anunciou a presentación dunha moción no Pleno do Concello para salvagardar un sector que xa perdeu 20.000 empregos desde que o Goberno Central subira a carga impositiva a este sector dun 8 a un 21%.

Abel Caballero louva a Ruta do Pincho da Lamprea do Miño de A Guarda

venres, 4 abr 2014

O alcalde de Vigo participou esta mañá de venres na presentación da Ruta do Pincho da Lamprea do Miño no Museo de Arte Contemporánea de Vigo. A ruta, organizada polos Viveiristas e Pescadores da Guarda, xunto coa colaboración do Concello da Guarda, naceu coa finalidade de promocionar a Lamprea do Miño entre o público como un pincho a un prezo alcanzable.