Escoitar

Abel Caballero louva a Ruta do Pincho da Lamprea do Miño de A Guarda

O alcalde de Vigo participou esta mañá de venres na presentación da Ruta do Pincho da Lamprea do Miño no Museo de Arte Contemporánea de Vigo. A ruta, organizada polos Viveiristas e Pescadores da Guarda, xunto coa colaboración do Concello da Guarda, naceu coa finalidade de promocionar a Lamprea do Miño entre o público como un pincho a un prezo alcanzable.

venres, 4 abr 2014
1396620468rutalamprea.jpg
Durante nove días, do 12 ó 20 de Abril, e coincidindo coa celebración da Semana Santa, os veciños da Guarda e visitantes e turistas terán a oportunidade de coñecer primeira edición dunha ruta que nace para promocionar a lamprea do Miño a un prezo alcanzable. Conta cun total de 27 establecementos entre restaurantes e bares que ofertarán a seu concepto do pincho da lamprea do Miño a un prezo único de 2€. O horario da ruta é de 11.00 a 13.30 horas e de 19.00 a 21.00 horas. Durante á presentación, á que o rexedor de Vigo se sumou un pouco máis tarde problemas de axenda, Caballero deixou constancia da súa gran paixón por un plato, que él mesmo considera "un manxar inigualable".

Ademáis, para fomentar a elaboración de pinchos de calidade entre os establecementos aheridos organízase o Concurso de Mellor Pincho da Lamprea do Miño, onde os únicos responsables de escoller o mellor pincho será aqueles participantes na ruta, valorando cada pincho degustado. Os participantes Terán que degustar o pincho de lamprea en tres establecementos diferentes como mínimo para poder participar nun sorteo de cinco agasallos.

Na Guarda a elaboración tradicional da lamprea é a bordalesa, é dicir, cociñada na súa sangue e servida con arroz blanco e pan tostado. Aínda que cada restaurador ten liberdade na creación da súa proposta, innovando na creación dun pincho de gran calidade. . Ó final da presentación, os asistentes puideron degustar este manxar, preparado pola cociñeira e copropietaria do restaurante Bitadorna da Guarda.

O alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, que tamén estivo acompañado por Ángel Rivas, concelleiro de Vigo, a senadora, Ángeles Marra, a Concelleira de Turismo da Guarda, Montserrat Magallanes, e por José Luis Morais, representante dos Pescadores e Viveiristas da Guarda, destacou a importancia desta iniciativa como "unha oportunidade para probar un prato de gran nivel que para moita xente é todavía algo descoñecido, e para potenciar un producto tan noso, tan do Miño".
Descargar todas as imaxes