Escoitar

A humanización de Menéndez Pelayo "crea unha rúa nova na cidade" cun importe de máis de 2 millóns

Cun investimento superior a máis de 2 millóns de euros, as obras de humanización convertiron Menéndez Pelayo "nunha zona de Vigo distinta", con 80 metros lineais máis de rúa. Durante unha visita, Caballero cualificou o resultado destes traballos "como unha das grandes transformacións na cidade" xa que antes presentaba unha sección de carril único, estreito, sen beirarrúas cun trazado en pranta e rasante sinuoso.

xoves, 3 abr 2014
1396526542menendez.JPG
As obras de humanización de Menéndez Pelayo son, segundo o rexedor, "unha das grandes transformacións na cidade". Cun orzamento de máis de 2 millóns de euros, convertiuse nunha avenida un tramo da rúa que presentaba unha sección de carril único, estreito, sen beirarrúas e cun trazado en pranta e en rasante sinuoso. Tal e como detallou o alcalde durante a visita, a rúa ampliouse en 80 metros lineais, e a lonxitude de actuación foi de máis de medio kilómetro. Colocáronse 57 árbores, 21 bancos, 16 papeleiras, 24 xardineiras e 62 luminarias, algunhas delas, co nome da rúa, a modo de elemento decorativo e informativo.

A actuación consistiu en adecuar este tramo á humanización do resto da rúa, ampliando a sección do carril de circulación, creando dúas bandas de aparcamentos a ambos lados e xerando beirarrúas a cada lado. Todo isto, cun trazado en pranta rectilíneo.

Ademais, este deseño supón custo cero para o Concello porque o acordo de cesión de ocupación de parcelas particulares para uso público prevé compensacións con edificabilidade cando se desenvolva o ámbito segundo recolle o PXOM.
Descargar todas as imaxes