Escoitar

O Concello colaborará nos actos de conmemoración do 50 aniversario da Cooperativa de Armadores

Nunha reunión cos seus responsables, o alcalde trasladou a vontade municipal de cooperar na celebración dos 50 anos da Cooperativa de Armadores de Pesca en Vigo, un "evento da maior importancia" por ser esta cidade "a gran capital do mundo da pesca". "Temos que facer que esa conmemoración sexa un equivalente á World Fishing Exhibition ou a Conxemar", indicou.

mércores, 2 abr 2014
1396439597P4036436.JPG
Tras unha reunión este mércores cos máximos responsables de ARVI, Javier Touza e José Ramón Fuentes, o alcalde de Vigo garantiu a vontade do Concello de colaborar na celebración do aniversario da entidade, actos que terán lugar entre os meses de setembro e decembro deste ano.

Caballero ve na nomeada celebración un "evento da maior importancia" por ser Vigo "a gran capital do mundo da pesca" e ter ARVI "barcos de pesca en todos os mares do mundo", ao tempo que avogou por dotar de "gran contido" aos actos e incluso facer dos mesmos un "equivalente" na cidade a citas como do peso da Feira Mundial da Pesca ou Conxemar.

O rexedor vigués asegurou que a celebración deberá incorporar algunhas liñas importantes, como o coñecemento e recoñecemento de Vigo no mundo, volver a izar a bandeira da pesca sostible e facer partícipe ao gran Vigo da conmemoración.
Descargar todas as imaxes