Escoitar

Caballero solicita ao Sabadell Gallego "crédito" para apoiar a economía viguesa

No transcurso dunha conferencia, o alcalde pediulle ao presidente do Sabadell Gallego, Josep Oliu, que a entidade se envorque con "este territorio" apoiando ás empresas e traballadores de Vigo. Caballero ve "unha boa nova" que este banco dedique "unha parte notable dos seus esforzos a dar créditos" e apoiar a economía viguesa.

martes, 1 abr 2014
1396429621sabadell.JPG
Abel Caballero indicou, sobre o Sabadell Gallego, que "facemos votos para que dedique unha parte do seu esforzo a este territorio", unha cidade empresarial e traballadora que vive na economía.

Ao remate dunha conferencia pronunciada polo presidente do Sabadell, o rexedor valorou a presencia do banco en Galicia e na área de Vigo como "da maior importancia" e apuntou que aspiran a acadar o 8% de cota de mercado. Para a urbe olívica é unha "boa nova" que adique unha parte notable dos seus esforzos a dar créditos" e polo tanto apoiar a economía viguesa, concluíu.
Descargar todas as imaxes