Escoitar

O Concello colaborará con Proxecto Home na rehabilitación e reinserción de drogodependentes

O alcalde, Abel Caballero, anunciou este mércores tras reunirse co director de Proxecto Home Galicia, Ramón Gómez, que o Concello colaborará con esta entidade nas súas actividades a favor da rehabilitación e reincorporación social de persoas drogodependentes.

mércores, 2 xan 2008
1199280843proxectohome020108.jpg
A tal fin, o Concello estudará a sinatura dun convenio con Proxecto Home Galicia para establecer as condicións da súa colaboración nos procesos de recuperación e reinserción de drogodependentes en Vigo.

Ademais, Abel Caballero indicou que o Goberno local barallará a posibilidade de ofrecerlle a Proxecto Home unha ubicación axeitada para crear na nosa cidade unha residencia para axudar a persoas xa rehabilitadas a reincorporarse á sociedade.

O alcalde afirmou que estas medidas, xunto coa reunión deste mércores con Ramón Gómez, a primeira que mantén neste novo ano, constitúen "un xesto da vontade de desenvolver políticas sociais desde o Concello de Vigo".
Descargar todas as imaxes