Escoitar
O ciclo de panxoliñas remata coas actuacións das corais Agarimo e Emilio Crespo de Navia

A Coral Polifónica e a Banda de Música de Cabral pechan o ciclo de Concertos de Nadal do Auditorio Municipal

O concerto que a Coral Polifónica da AVV de Cabral e a Banda de Música Unión Musical de Cabral ofrecerán mañá , día 29, no Auditorio Municipal ás 20 horas porá o punto e final ao ciclo de Concertos de Nadal deste ano, no que as distintas corais polifónicas e as bandas de música da cidade foron as protagonistas dende o pasado día 22 de decembro.

venres, 28 dec 2007
Baixo a dirección de Javier Alonso Pérez, a coral interpretará "Xardín de ensoño", de Rey Rivero; "A valentina", de Alicia Laugrés; "Na noite máis fermosa", panxoliña tradicional; "Por entre as silveiras", de Anselmo
Iglesias; e "Ro mi Niño ro", de Silvestre Peñas. Pola súa parte, a bandade música, por Julio Álvarez, interpretarán "El abanico", de A. Javaloyes; "Villa Wertha", de Willy Fransen; e "The wooden devils", de Harm Evers. Xa as dúas formacións porán as voces ao "Coro de esclavos", de G. Verdi; "La del Soto del Parral", de Soutullo y Vert; e ao "Himno Galego".

A Coral Polifónica da AVV de Cabral comezou a súa andaina no ano 1988, baixo a dirección de Javier Jurado, e fixo a súa presentación na Igrexa parroquial de Cabral en xullo do ano seguinte. Despóis do seu director inicial fíxose cargo da dirección da coral Alberto Cid Castro, pasando no ano 1995 a estar dirixida por Manuel Molinos Rivas.

Nuria Lorenzo López tomou o relevo ata outubro do ano 2007, e, na actualidade, o director da Coral Alborada é Javier Alonso Perez. Está formada por 34 compoñentes, e o seu repertorio abrangue polifonía barroca, clásica, romántica e contemporánea; así coma música popular galega e sudamericana.

A banda de música Unión Musical de Cabral fundouse no outono do ano 1986 baixo a batuta de Francisco Velasco Calvo, a quen logo sucederían Celso Otero Covelo, Carlos Enrique Tilve González, Juan Manuel Campos Paz e Emilio Lede Abal. O seu actual director é Julio Álvarez Pereiro, que leva a batuta dende marzo de
2006. Entre as actuacións que ten realizado destacan as gravacións para a TVG e a Radio Galega no ano 1988, o intercambio coa agrupación musical Utielana (Valencia), e o concerto no Teatro Principal de Zamora, o primeiro Festival Ibérico de Bandas de Monçao (Portugal), o sétimo Festival Internacional de Música Amadora en Tomar (Portugal), entre outros. A banda conta cun total de corenta e cinco componentes, ademais de numerosos educandos que forman parte da Escola de Formación Musical.

O ciclo de panxoliñas remata coas actuacións das corais Agarimo e Emilio Crespo de Navia


Esta fin de semana remata o ciclo de panxoliñas coa actuación que o sábado ofrecerá a Coral da AACC Agarimo, e o concerto que protagonizará o domingo a coral da AVV Emilio Crespo de Navia. Ámbalas dúas actuacións terán lugar, se non chove, na escalinata do Marco, na rúa do Príncipe, ás 19 horas.

A Coral da AACC Agarimo, composta por 53 voces mixtas, naceu no seno da Asociación que lle da nome no ano 1998. Dende entón o seu director é Lucas Alonso Pérez. No concerto de mañá interpretará "Zorongo", de García Lorca e F. Vila; "A golondrina", de A. Juárez; "Era unha flor", de Jesús Romo; "Nadal de cor", de F. San Romualdo; "Na máis fría noite", de Spilman; "Hacia Belén vai unha burra", panxoliña tradicional; "El burrito Sabanero", panxoliña tradicional de Venezuela; "Cun sombreiro de palla", panxoliña tradicional galega; "Por entre as silveiras", panxoliña tradicional galega; e "Esta noite nace o Neno", panxoliña tradicional galega.

A coral da AVV Emilio Crespo de Navia, pola súa banda, foi fundada no ano 1995 pola iniciativa dun entusiasta grupo de veciños da parroquia e contando co apoio da AVV Emilio Crespo de Navia. A súa presentación en público tivo lugar en 1996 no auditorio da asociación, baixo a dirección de Óscar Villar Díaz. Teñen no mercado unha gravación en dico compacto titulado "A tí", que foi gravado no concerto de conmemoración do Día das Letras Galegas de 2005 e acompañada por unha orquestra de cámara. Na actualidade a coral está formada por 46 voces mixtas e dende maio de 2007 está dirixida por Ziville Keblikaite.

No concerto que ofrecerá o domingo, co que se pechará o ciclo de panxoliñas, interpretará, "Ao mundo paz", panxoliña tradicional; "Noite azul", "O peregrino", de López García; "Venid pastorcillos", panxoliña tradicional; "Noite fulxida", panxoliña popular de Sicilia; "O caminante de Mayab", de Ramón Noble; "Na máis fría noite", de James Spillman; e a tradicional "Adeste fideles".