xoves, 27 dec 2007
A Concellería de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo está a desenvolver un programa de divulgación e interpretación do patrimonio arqueolóxico, que segundo a concelleira Elena Maure, é unha "iniciativa cultural e didáctica pioneira en Galicia". Este programa inclúe actuacións dirixidas tanto aos centros educativos como ao público en xeral, dende obradoiros didácticos ata ciclos de formación para os docentes e a realización de materiais e recursos didácticos, entre outros.
xoves, 27 dec 2007
Fomentar a integración dos nenos e nenas inmigrantes cos que non o son é un dos principais obxectivos do campamento de Nadal que organiza a Concellería de Benestar Social ata o 4 de xaneiro no barrio de Teis, segundo explicou hoxe a concelleira María Méndez. A iniciativa, que se ven celebrando dende o día 24 de decembre no CEIP San Salvador de Teis, está dirixida a 50 rapaces e rapazas de 6 a 12 anos na que maioritariamente participan inmigrantes.
xoves, 27 dec 2007
<br />
Co gallo das festas de nadal o museo municipal "Quiñones de León" organiza unha programación especial entre os días 27 de decembro e 4 de xaneiro de 2008.
Continúa na escalinata do Marco o ciclo de concertos de panxoliñas a cargo da coral UVCD de Candeán
xoves, 27 dec 2007
A actuación do día 28, do ciclo de Concertos de Nadal, a cargo das corais polifónicas e as bandas de música que se está a celebrar no Auditorio Municipal, terá como protagonista a Coral Polifónica da SCD Atlántida de Matamá e a Banda de Música de Matamá.
xoves, 27 dec 2007
Esta fin de semana, venres 28 e sábado 29, o programa da concellaría de Mocidade "Tardes e Noites Vivas" despide a súa edición de outono 2007. Para elo está previsto un Torneo de espadas de goma-espuma na Asociación Xuvenil Cancerbero. No pavillón do Berbés, ademais das actividades deportivas (musculación, squash e baloncesto "Vigo en xogo"), celebraranse varios obradoiros: un de imaxe persoal que se centrará sobre todo nos complementos, un de candeas e outro de bailes de salón. O pavillón de Coia apostará polos bailes tipo salsa, os xogos de estratexia e enxeño e o fútbol sala.