Escoitar
As uvas serán substituídas por lacasitos e conguitos

Despedida do ano na disco light<br />

A Concellaría de Xuventude ofrece aos mozos e mozas a oportunidade de celebrar, este sábado día 29 na discoteca light, a despedida anticipada do ano. Para elo a discoteca estará ambientada de xeito espectacular para a ocasión e contará con canóns de confeti e unha máquina de neve artificial que farán a ledicia dos participantes.Haberá tamén cotillón, música tradicional de noite vella e espectáculo de animación.

venres, 28 dec 2007
Ás 8 da tarde, e a ritmo de badaladas, tomaranse, como si foran uvas, 12 conguitos ou lacasitos, que serán repartidos entre os asistentes.

Lembrar que esta discoteca apoiada pola Concellería de Xuventude do Concello de Vigo, é un espazo libre de alcohol e tabaco, que conta con persoal de apoio, especializado no traballo con adolescentes.