Os Reis Magos percorrerán a cidade o sábado xerando ao seu paso "Unha ría de ilusións"
"Unha ría de ilusións". Baixo este lema percorrerán os Reis Magos a nosa cidade na cabalgata do vindeiro sábado día 5 pola tarde. Este ano elixiuse como temática o mundo do libro e tamén se fará unha aposta pola integración.
O tenente de alcalde, Santiago Domínguez, e o concelleiro de Cultura, Xesús López, visitaron este mércores o lugar no que se están montando xa as carrozas reais e avanzaron que o rei Gaspar quixo este ano solidarizarse coas persoas dependentes e con mobilidade reducida e por iso na nosa cidade empregará unha cadeira de rodas para os seus desprazamentos.
Santiago Domínguez salientou que este mesmo mércores falou cos Reis Magos, que amosaron a súa satisfacción por poder estar de novo en Vigo. O tenente de alcalde agradeceu o xesto que terá o rei Gaspar, "que quere solidarizarse con todas as persoas que teñen dificultades de mobilidade e así reivindicar que temos que facer de Vigo unha cidade máis accesible".
As carrozas dos Reis Magos terán motivos literarios alusivos a Vigo e irán referidas a Europa, Asia e África. En total haberá 17 carrozas, das cales seis serán do Concello de Vigo e 11 de entidades privadas. Ademais, a cabalgata contará con 30 elementos de animación e acompañamento do cortexo. Ao longo da comitiva repartiranse 3.000 kilos de caramelos, que serán sen gluten para que os poidan degustar tamén os nenos e nenas celíacos.
A axenda dos Reis Magos para o 5 de xaneiro marca a recepción oficial ás 18.00 horas na escalinata da Igrexa de Santiago de Vigo. Ás 18.30 horas partirá do nó de Isaac Peral a comitiva, para percorrer García Barbón, Policarpo Sanz, Porta do Sol e rematar en Elduayen.
A presenza dos Reis Magos na nosa cidade será continua durante todo o día. Pola mañá teñen previsto visitar varios hospitais e a Casa de Acollida. Como novidade este ano, ás 11.00 horas haberá unha recepción dos Reis aos nenos e nenas da cidade con chocolatada e actividades de animación.
Descargar todas as imaxes