As ordenanzas fiscais variarán o 2,4% do IPC
O Goberno Municipal propón actualizar as tarifas das ordenanzas fiscais para o próximo ano nun 2,4% segundo a variación do IPC e que aprobou hoxe luns a Xunta de Goberno Local. O alcalde, Abel Caballero, manifestou que a presión fiscal para o ano 2008 será a máis baixa dos últimos oito anos.
O principal obxectivo do Goberno local , sobre este aspecto, é non aumentar e incluso reducir a carga fiscal dos cidadáns, en especial a dos colectivos máis desfavorecidos e por iso introdúcense bonificacións e exencións nas taxas pola recollida de lixo e de axuda no fogar.
Manteranse constantes as tarifas ou taxas pola prestación de determinados servicios como as escolas de primeira eta de educación infantil, centro de día, Verbum, publicidade en paneis municipais, concesión e expedición de licencias clase A ( autotaxis); autorización de transmisión de licencias clase a (auto-taxis); cotas unificadas de enganche ás redes de abastecemento de auga e saneamento nas que se dispoña de acometida; formalización de alta e solicitude de orzamento para subministro de auga ou adquisición e alugamento dos contadores da auga.
Descargar todas as imaxes