Escoitar

Xunta de Goberno Local

venres, 31 ago 2007
Convócase á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o luns día 3 de setembro, dez minutos depois do remate da sesión plenaria convocada para o mesmo día, en primeira convocatoria, e vinte minutos despois en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da seguinte relación:

1.- Acta da sesión ordinaria do 6 de agosto de 2007.


BENESTAR SOCIAL
2.- Revisión do IPC do contrato do Servizo de Apoio á Unidade Asistencial a Drogodependentes CEDRO. Expte. 24810/301.


DEPORTES
3.- Solicitude do Club Triatlón de Vigo de autorización para a organización do XXI Triatlón Cidade de Vigo o día 8.09.07. Expte. 7127/333.


DIRECCIÓN DE INGRESOS
4.- Modificación ordenanza Fiscal Xeral.

5.- Modificación da ordenanza Fiscal reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles.

6.- Modificación da Ordenanza Fiscal reguladora do Imposto sobre Vehículos de tracción mecánica.

7.- Modificación da Ordenanza Fiscal reguladora do Imposto sobre Actividades Económicas.

8.- Modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das Taxas polos Documentos que expida ou de que entenda a Administración do Concello ou a dos seus Organismos Autónomos a instancia de parte.

9.- Modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das Taxas relativas ó servicio de Transporte urbano de viaxeiros en automóbiles e lixeiros de aluguer con conductor (autotaxis e vehículos especiais ou de abono).

10.- Modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das Taxas polos servicios especiais por Espectáculos e Transportes.

11.- Modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das Taxas pola prestación de servicios de Prevención e Extinción de Incendios, prevención de ruinas de construccións, salvamentos e outros análogos.

12.- Modificación da Ordenanza Fiscal reguladora dos Dereitos ou Taxas pola prestación dos Servicios dos Cemiterios Municipais.

13.- Modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das Taxas pola inmobilización, retirada, depósito e custodia de vehículos.

14.- Modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das Taxas pola recollida do lixo.

15.- Modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das Taxas pola prestación de Servicios de Inspección Sanitaria e os de análises químicas, bacteriolóxicas e calquera outras da mesma natureza., que obra no presente expediente.

16.- Modificación Ordenanza Fiscal reguladora das Taxas pola prestación dos Servicios de Sanidade preventiva, desinfección, desinsectación, desratización e destrucción de calquera clase de materias e productos contaminantes ou propagadores de xermes nocivos para a saúde pública prestados a domicilio ou por encargo, que obra no presente expediente.

17.- Modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das taxas pola prestación do servizo de Axuda no Fogar prestado polo departamento de Benestar Social.

18.- Modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das Taxas pola prestación de servicios de limpeza de pozos negros, fosas septicas, solares, e servicios similares así como a recepción de residuos na pranta de transferencia.

19.- Modificación Ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación do servicio das escolas de 1ª etapa de educación infantil.

20.- Modificación Ordenanza Fiscal reguladora das Taxas por Aproveitamento especial ou utilización privativa do dominio público local.

21.- Modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das Taxas por Aproveitamento especial de terreos de dominio público local con instalación de Quioscos.

22.- Modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das Taxas por aproveitamento especial da vía pública con Estacionamento de Vehículos de tracción mecánica en determinadas rúas municipais.

23.- Modificación da Ordenanza Fiscal reguladora dos dereitos e taxas pola concesión de Licenzas para Construccións, Obras e Instalacións tramitadas pola Xerencia Municipal de Urbanismo así como pola Administración do Concello que figura no presente expediente.

24.- Modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das taxas por Licenzas de Actividades e Instalacións que figura no presente expediente.

25.- Modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das Taxas polos servicios que presta o Organismo Autónomo Municipal Parque das Ciencias "Vigo-Zoo" a través do seu Parque Zoolóxico.

26.- Modificación da Ordenanza Fiscal reguladora das Taxas pola prestación de Servicios de Subministración de Auga potable, rede de sumidoiros, saneamento e depuración de augas residuais que figura no presente expediente.

27.- Modificación da Ordenanza Reguladora dos Prezos Públicos pola prestación de Ensinanzas Especiais e outras actividades en establecementos municipais.

28.- Modificación da Ordenanza Reguladora dos Prezos Públicos por utilización das Instalacións Deportivas Municipais, pertecentes o "Instituto Municipal dos Deportes.


PARTICIPACIÓN CIDADÁ
29.- Proposta de anulación do acordo da Xunta de Goberno local de 20.04.07 sobre sinatura de convenio coa Consellería de Innovación e Industria. Expte 1261/321.


PERSOAL
30.- Axudas con cargo ó Fondo Social por reclamacións de estudios 2006-2007. Expte. 17500/220.

31.- Gastos de locomoción do persoal municipal correspondente ó mes de xullo de 2007. Expte. 17502/220.

32.- Nomeamento de funcionario para cubir o posto de xefe de negociado de Medioambiente, correspondente ó concurso de traslados 2005. Expte. 17509/220.

33.- Proposta de nomeamento de funcionarios/as de carreira con cargo a prazas de técnico/a de Administración Xeral. Expte. 17510/220.

34.- Productividade do persoal de Conserxería, corresponednete ó 2º trimestre de 2007. Expte. 17499/220.

35.- Complemento de productividade por conducción dun vehículo lixeiro municipal non sendo oficial-conductor, a D. Juan Jesús García Alfonso, do servizo de Circulación, 1º e 2º trimestre. Expte. 17471/220.

36.- Xornadas de reforzo para a Policía Local para o ano 2007.


PROMOCIÓN ECONÓMICA E EMPREGO
37.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e Empresa Galicia saudade S.L.U. para o desenvolvemento do curso de "Auxiliar de Axuda a Domicilio". Expte. 4607/77.

URBANISMO
38.- Proposta de aprobación provisional de axudas para a rehabilitación de vivendas:

a)Rúa real nº 2, edificio completo de dúas vivendas. Expte. 180/431.
b)Rúa Poboadores nº 8. Expte. 230/431.
c)Rúa Casiano Martínez nº 1. Expte. 323/431.
d)Rúa Paulino Freire nº 16 (escalera 2). Expte. 322/431.

39.- Rogos e preguntas.