O MARCO leva a Pekín o proxecto PRÓSPERA, de Carme Nogueira
Con motivo da celebración do Ano de España en China, o MARCO presenta a partir do luns 3 de setembro na sala de exposicións do Instituto Cervantes de Pekín o proxecto PRÓSPERA, da artista galega Carme Nogueira. PRÓSPERA consta de dúas pezas relacionadas: unha intervención 'site-specific' na fachada, e unha instalación no interior da sala.
O Instituto Cervantes, con motivo do Ano de España en China, organiza unha serie de actividades artísticas e culturais nas que o MARCO participa a través do proxecto de Carme Nogueira (Vigo, 1970). Estas actividades teñen como obxectivo principal constituír unha mostra da actualidade artística española e converterse nunha plataforma de difusión dos museos de arte contemporánea españois, como continuación do proxecto 'Labirinto de Museos'', exposición coa que se inaugurou o centro de Pekín.
Mediante o uso do vídeo, a arquitectura e a fotografía, Carme Nogueira continúa as súas reflexións sobre o espazo público, sobre o significado do contexto urbano, o seu uso e as súas alteracións, que foron tamén o eixe de proxectos anteriores. Con este proxecto, a artista galega establece, tras unha estadía en Pekín, un diiálogo entre a cultura chinesa e a cultura española centrado especialmente no crecemento económico e urbano.
Nogueira describe no seu traballo artístico as dúas direccións do diálogo, de ida e volta, de China a España e de España a China; e exemplifícao coa presenza do bazar chinés Próspera, de Vigo. Os bazares chineses, tan habituais nas cidades españolas, regresan deste modo a Pekín e entran no espazo expositivo do Instituto Cervantes: as caixas invaden o espazo coma se dun crecemento espontáneo se tratase.
O nome que recibe o proxecto de Nogueira é, ademais, definitorio da actualidade chinesa. 'Próspera' en español procede do vocábulo latino prospĕrus, que significa 'favorable, propicio ou venturoso'. 'Próspera' é aquí tamén o nome dese bazar chinés en Vigo, cidade na que traballa e vive a artista.
Carme Nogueira atende á realidade contemporánea da cidade que podemos denominar xa como "fogar público''. A inquietude da artista galega por descubrir e dialogar sobre os conflitos que se derivan do crecemento urbano é o centro da obra que se presentará na Sala de Exposicións do Instituto Cervantes e que sairá á rúa coa acción inaugural programada pola artista.
Tanto o director do MARCO, Iñaki Martínez Antelo, como Carme Nogueira están xa en Pekín para a presentación do proxecto, que será clausurado na capital chinesa o 14 de novembro. Unha vez presentado e desenvolvido en Pekín, PRÓSPERA terá continuidade no Espazo Anexo do MARCO, a partir do mes de febreiro de 2008.
Descargar todas as imaxes