Escoitar

Pleno da Corporación Municipal

venres, 31 ago 2007
Convócase ao Pleno da Corporación para ter lugar sesión ordinaria correspondente ao mes de agosto, no Salón de Plenos ás 09.00 horas do luns 3 de setembro para resolver os asuntos da seguinte relación:

1.- Acta anterior. (Sesión ext. 17.07.07)

ALCALDIA
2.- Dar conta de resolución da Alcaldía de data 31.07.07, nomeando representantes do Concello na Asemblea da Mancomunidade de Municipios da Área de Vigo.

3.- Dar conta de resolución da Alcaldía nomeando ós representantes veciñais nos Consellos Rectores dos organimos autónomos municipais.

4.- Dar conta de resolución da Alcaldía de data 26.06.06 relativa ó cambio nas retribucións dun concelleiro.

5.- Dar conta de acordo da Xunta de Goberno Local de composición da Mesa de Contratación.

6.- Proposta da Alcaldía de modificación de acordo plenario de data 17.07.07 relativo ás dedicacións exclusivas ou parciais dos concelleiros.

XESTIÓN MUNICIPAL
7.- Autorización para o incremento do límite máximo da partida orzamentaria 121.0.151.0000 "gratificacións". Expte. 17493/320.

MOCIÓNS
8.- Moción do Grupo municipal do PP instando reiterar a conformidade e apoio ó texto referente ó anteproxecto de Lei de Área Metropolitana de Vigo, consensuado na xuntanza de alcaldes que tivo lugar en marzo de 2006.

9.- Moción do Grupo municipal do PP solicitando instar á Consellería da Presidencia e ó Ministerio de Xustiza a creación dunha oficina do Rexistro do Mercantil en Vigo antes do 31 de decembro.

10.- Moción do Grupo municipal do PP solicitando instar á Subdelegación do Goberno en Pontevedra a mellora dos medios para a tramitación do documento de identidade electrónico.

11.- Moción do grupo municipal do PP solicitando se inste á Xunta de Galicia obras en campos de fútbol de herba sintética e sinatura de novo convenio de obras no Plan de infraestructuras deportivas.

12.- Moción do Grupo municipal do PP instando a tomar medidas en relación coa contaminación medioambiental.

13.- Rogos e preguntas.