O Goberno local desestima a suspensión das adxudicacións da XER e dos novos aparcadoiros
A Xunta de Goberno Local desestimou este luns as solicitudes de suspensión das adxudicacións dos servizos públicos de estacionamento regulado mediante expendedores de tíquets na vía pública (XER) e dos novos aparcadoiros subterráneos.
No caso da XER, o exame realizado por técnicos municipais da adxudicación deste servizo á empresa Dornier S.A. e das alegacións formuladas pola empresa Setex-APARKI S.A. constatou a non concorrencia das circunstancias recollidas na lei para determinar a suspensión do acordo de adxudicación adoptado pola Xunta de Goberno o pasado 23 de maio. Polo tanto, o Goberno local decidiu desestimar a solicitude formulada neste sentido por Setex-APARKI S.A. mediante un recurso de reposición presentado o 6 de xullo.
O mesmo ocorreu coas solicitudes de suspensión presentadas por Aparkvigo e Estacionaminetos y Servicios S.A. contra o acordo do pasado 21 de maio de concesión dos novos aparcadoiros subterráneos á UTE Eloymar S.A. e Tranvías Eléctricos de Vigo S.A. e a Puentes y Calzadas Grupo de Empresas S.A.
Pendente de decisión por parte da Xunta de Goberno queda a anulación das concesións da XER e dos aparcadoiros. Segundo explicou o alcalde, Abel Caballero, o prazo de que dispón o Goberno local para tratar este tema é de un mes.
Descargar todas as imaxes