Escoitar

Ciclo de Cine ao Aire Libre e Festival "Voces de Vigo" no programa das Festas do Cristo da Victoria

Seguindo coa presentación das diversas actividades das Festas do Cristo da Victoria, o martes ten lugar en Castrelos a partir das 22:00 horas o Festival "Voces de Vigo", e o mércores 25 de xullo comezará o Ciclo de Cine ao Aire Libre "Realidade 07", que terá lugar ás 23:00 horas na Praza da Estrela.

martes, 24 xul 2007
O Festival "Voces de Vigo" reúne o martes no Auditorio de Castrelos a vintecinco corais que se subirán ao escenario para deleitarnos coas súas voces. Na cita, ás 22:00 horas, as agrupacións actuarán en grupos de 150 voces, e rematada a primeira parte destes colectivos está previsto que toque a Banda de Valadares, que ao final do concerto acompañará coa súa música ás corais.

Esta non será a única noite coral do verán festivo vigués, xa que para o 2 de agosto está programada a actuación da Coral Casablanca, tamén no Auditorio de Castrelos. Ambas noites serán de entrada totalmente gratuíta.

Por outra banda, o 25 de xullo comeza "Realidade 07", Ciclo de Cine ao Aire Libre, actividade que xa vén sendo un clásico nestas festas. Esta iniciativa mestura calidade cinematográfica e compromiso social, polo que as propostas deste ciclo exhíbense en versión orixinal.

O Ciclo de Cine terá lugar na Praza da Estrela ás 23:00 horas e prolongarase até o domingo 29 de xullo. O programa incluirá as seguintes películas:

- 25 de xullo: "Bamako", de Abderrahmane Sissako (Malí/Francia)

- 26 de xullo: "Hamaca paraguaya", de Paz Encina (Paraguay)

- 27 de xullo: "La línea recta", de José María de Orbe (España)

- 28 de xullo: "12:08, al este de Bucarest", de Corneliu Purumboi (Rumanía)

- 29 de xullo: "Keane", de Lodge Kerringan (USA)