Escoitar

Santi Domínguez garante que en setembro se pagarán as axudas para a rehabilitación de vivendas no Casco Vello

<br /> O tenente de alcalde e concelleiro de Cascos Históricos, Santi Domínguez, asegurou hoxe que no mes de setembro se pagarán as subvencións concedidas para a rehabilitación de vivendas no Casco Vello. Segundo explicou, arredor de medio cento de expedientes que reúnen todos os requisitos esixidos serán os primeiros en recibir as axudas.<br />

venres, 13 xul 2007
Santi Domínguez mantivo nos últimos días contactos coa Consellería de Vivenda tras coñecer o retraso que se estaba producindo na distribución das axudas. Finalmente conseguiu que se axilizara ao máximo o trámite administrativo e resolver tamén os problemas orzamentarios que existían para a concesión destas axudas, que se financian con aportacións da Consellería de Vivenda e o Ministerio de Vivenda. "A nosa prioridade é que os propietarios que están agardando desde hai meses por estas subvención cobren o antes posible. Aínda que a Xunta ofreceuse a adiantar os pagos esa posibilidade non se utilizou, pero agora o Concello vai colaborar e entre as dúas administracións poderemos dar unha solución que satisfaga aos propietarios", asegurou.

Estas subvencións concédense aos proxectos de rehabilitación de vivendas que reúnen uns determinados requisitos de execución. Unha vez rematada a reforma é preciso comprobar que a rehabilitación se fixo seguindo as condicións establecidas no proxecto e é entón cando se fai efectiva a subvención.

O tenente de alcalde asegurou que desde a Concellería de Cascos Históricos vanse a estudar fórmulas para que os novos proxectos de rehabilitación se axilice ao máximo a concesión das axudas.