Aprobadas axudas para actividades de dinamización infantil e xuvenil
A Xunta de Goberno Local celebrada este luns aprobou tres convenios na área de Xuventude para o desenvolvemento de actividades de dinamización infantil e xuvenil, así como a creación dunha nova oficina de información xuvenil, denominada Punto Xove.
O Centro Recreativo Artístico e Cultural de Coruxo recibirá do Concello unha achega de 20.600 euros para a realización dun programa que se concretará nunha ludoteca para cubrir as necesidades de ocio dos máis novos. Este programa levarase a cabo no Colexio Tintureira ao longo de todo 2007, exceptando outubro.
Ademais, o Concello subvencionará con algo máis de 15.100 euros a realización, por parte da Asociación "Doutor Fleming", de actividades de dinamización infantil e xuvenil durante 2007. Entre estas actividades figuran o desenvolvemento do programa "Noites Vivas" no Pavillón de Deportes do Instituto do Castro e outras accións dinamizadoras como o "Verán de Lecer", consistente nun programa lúdico-educativo para nenos e nenas de 5 a 14 anos.
Pola súa parte, a Asociación Veciñal "Camiño Vello" de Coia é a destinataria dunha achega municipal de 7.640 euros, coa que se financiarán o desenvolvemento do programa "Noites Vivas" no Pavillón de Depotes de Coia e a organización do Día do Mozo, que se celebrou o pasado 26 de maio.
Punto Xove
Así mesmo, a Xunta de Goberno aprobou a creación dunha nova oficina de información xuvenil, denominada Punto Xove, pertencente á Concellería de Xuventude e que estará situada na rúa López de Neira, 27.
Entre os obxectivos deste novo servizo municipal estarán a atención directa e personalizada sobre temas de interese para a mocidade (como poden ser o ensino, o emprego, o tempo de lecer, a saúde e a vivenda). Ademais, na nova oficina os mozos e mozas poderán tramitar o Carné Xove, informarse sobre convocatorias, consultar diversas publicacións, acceder libremente a Internet e visitar exposicións de arte ou de expresións de interese xuvenil.
O horario deste novo servizo será de 09.30 a 14.00 horas (de luns a venres) e de 17.00 a 20.00 horas (de luns a xoves).
O Goberno municipal ten a intención de solicitar o recoñecemento oficial do Punto Xove por parte da Xunta de Galicia para que sexa incluído na rede autonómica de oficinas e puntos de información xuvenil e así opte ás axudas que ofrece a administración autonómica.
Descargar todas as imaxes