As Rías Baixas, escenario outra vez do rallye mellor puntuado de España
O Rallye Rías Baixas, cuarta proba puntuable para o Campionato de España, chega á súa 43ª edición arrincando este venres desde o IFEVI como o mellor puntuado pola Real Federación Española de Automobilismo. Farao coas presenzas máis destacadas do panorama estatal, entre elas Miguel Fuster, Chus Puras, Alberto Hevia e os irmáns Vallejo.
A proba discorerrá polas estradas de Ponteareas, Covelo, Mondariz, Salvaterra, As Neves e Fornelos de Montes, contando este ano coa participación de 64 equipos, dos cales máis da metade son galegos.
O percorrido, dunha lonxitude total de 544,04 kilómetros, distribuirase nos seguintes tramos: As Neves (14,35 km), A Hermida (18,92 km), Maceira (16,72 km), Mondariz (24,95 km) e Ponteareas (18,23 km).
O xoves 31 de maio os participantes terán unha primeira toma de contacto co percorrido e poderán realizar dúas pasadas por cada un dos tramos, levando consigo un GPS co que se controlará, ademais da súa situación, a súa velocidade, para evitar molestar os veciños da zona.
O venres 1 de xuño o escenario trasladarase aos montes de Bembrive, onde a partir das 10.00 horas se realizarán tests por parte dos equipos. Ás 20.30 comezará a cerimonia de saída de todos os vehículos que participarán no rallye. A proba puntuable comezará ás 08.00 horas do sábado 2 de xuño.
Descargar todas as imaxes