"Cuando Sueñas", teatro didáctico para escolares no Auditorio Municipal
Froito da colaboración do Servizo de Educación do Concello de Vigo e a Obra Social e Cultural de Ibercaja, o Auditorio Municipal acolle do mércores ao venres o espectáculo didáctico-musical "Cuando Sueñas", especialmente creado para escolares de educación infantil pola prestixiosa compañía Caleidoscopio Teatro, de Zaragoza.
"Cuando Sueñas" pretende achegar de xeito ameno aos nenos personaxes como a Lúa, que virá a xogar con eles e a contarlles pequenas historias que revelan a maxia do cotián. Trátase dunha montaxe sinxela, tenra e divertida, con fermosas imaxes que convidan á contemplación daquilo que nos rodea. Máscaras, monicreques, bonecos e outros obxectos conforman unha historia de teatro visual, onde as imaxes fan comprender sen explicar, sen renunciar ao personaxe e ao xogo dramático.
Arredor de 1.400 alumnos e alumnas de 3 a 6 anos, acompañados de 40 docentes pertencentes a 40 centros de ensino de Vigo, terán a oportunidade de achegarse a gozar deste espectáculo visual, nalgunha das seis sesións matinais programadas. Todos os centros de ensino participantes dispoñen para o seu traballo incial de motivación na aula dun soporte documental completo, que inclúe unha unidade didáctica que recolle unha proposta de actividades e xogos. "Cuando Sueñas" forma parte do programa educativo municipal "Vigo por dentro".
Os centros de ensino participantes son os seguintes: Compañía de María, CEIP Pombal, EIM Santa Cristina, EIM Costeira, Ángel de la Guarda, Aragón, Barreiro, Santa Tegra, Rosalía de Castro, Los Milagros, CEIP Valle Inclán, San Nicolás, CEIP Pintor Laxeiro, Bouzas, Cristo de la Victoria, CEIP Chouzo, Miralba, Andersen, Monterrei, CEIP A.R. Castelao, CEIP Seis do Nadal, CEIP Sárdoma Moledo, Nogal, CEIP Fonteescura, CEIP Balaídos, CEIP Sello, Villalaura, Padre Míguez, Escolas Nieto, CEIP Celso E. Ferreiro, Breogán, Montecastelo, Hernán Cortés, Palencia, CEIP Carrasqueira, CEIP Ría de Vigo, Tartaruga, Relfas, Camelia e CEIP Mestre Goldar.
A compañía
Caleidoscopio Teatro conta na actualidade cunha longa experiencia e un amplo repertorio didáctico-teatral. A compañía naceu en 1984 como un espazo aberto para dar cabida a diferentes formas teatrais e á experimentación con novas linguaxes. Así, Caleidoscopio Teatro combina teatro de rúa con propostas de sala no campo do teatro visual.
Descargar todas as imaxes