Escoitar

Concentración contra a violencia de xénero na rúa Príncipe

O Concello de Vigo adhírese á convocatoria que realiza a Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos para condenar mediante unha concentración de repulsa a violencia de xénero, o último xoves de cada mes na rúa Príncipe, fronte ao MARCO.

mércores, 30 mai 2007
Como vén sendo habitual, a Rede convoca á concentración que terá lugar o
vindeiro xoves día 31 de maio ás 20.00 horas, diante do MARCO. Nesta ocasión, a concentración contará coa presenza da actriz Elena Cáccamo, quen lerá un comunicado en solidariedade coas mulleres e para denunciar a violencia de xénero. No que vai de ano xa foron asasinadas 37 mulleres en España por este motivo.