Escoitar

Presentada a "Guía de Centros Concertados"

A alcaldesa Corina Porro ven de presentar a Guía de Centros Concertados de Vigo que escolarizan case ao 60% dos escolares da cidade. A rexedora municipal estivo acompañada na presentación de José Manuel Álvarez , da Confederación Española de Centros de Ensinanza; Ramón Colunga, representantes dos centros relixiosos e Alfonso Fernández, das cooperativas de ensino.

martes, 8 mai 2007
1178629123guiacole.jpg
Os centros concertados son colexios sostidos con fondos públicos, que posúen carácter propio, uns son relixiosos e outros laicos. No municipio de Vigo escolarizan, en ensino obrigatorio, case ao 60% dos escolares. En Vigo hai 40 centros concertados e neles estudan máis de 20.000 nenos e nenas , 4.300 en infantil, 9.200 en primaria e 7.200 en secundaria.

O Concello de Vigo facilita así toda a información para que os pais poidan optar a calquera dos centros que existen no municipio. Desde o Concello recolleuse esta necesidade cando desde as asociacións de centros concertados suscitóuselle ao concelleiro de Asuntos Sociais.

A Guía segue as mesmas pautas que a de centros de ensino públicos, dedícaselle a cada colexio dúas páxinas nas que se recolle a seguinte información:

a) Características do Colexio: titularidade, se posúe ou non carácter propio, principios que rexen o seu modelo educativo...etc

b) Ensinos que oferta

c) Datos de localización do Centro: dirección, teléfono, e mail, web, horario de atención ao público

d) Outros servizos: Se posúe comedor ou non, transporte escolar, gabinete psicopedagóxico, idiomas...etc

e) Instalacións: enuméranse as que posúe

f) Actividades extraescolares: ofrécese unha lista das máis relevantes.
1178629123guiacole.jpg
1178630330guiaeducacion1.jpg
Descargar todas as imaxes