Escoitar

A Cidade do Deporte, referente para o deporte base, de competición e de saúde

A futura Cidade do Deporte ubicarase na parroquia viguesa de Valladares e converterase nun referente para a práctica deportiva no noroeste peninsular, pois dará resposta a todas as necesidades do tecido deportivo, dende o deporte base ata o de competición, pasando polo deporte de lecer e de saúde.

martes, 8 mai 2007
1178616752cidadedeporte.jpg
O Plan Xeral de Ordenación Municipal dispón dunha reserva de sólo dotacional para a Cidade do Deporte, que se distribúe en dez áreas nas que teñen cabida dende un gran pavillón Arena con capacidade para 9.000 espectadores, un palacio dos Deportes con velódromo e rocódromo con capacidade para 12.000 espectadores, un palacio de xeo, unha piscina olímpica, 4 campos de fútbol de herba sintética, un edificio residencial ou un área recreativa nun contorno natural, así como un eficio para albergar os locais sociais dos clubes da cidade.

A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, e a concelleira de Deportes, Lucía Molares, presentaron ,o pasado luns, o proxecto da Cidade do Deporte aos representates dos clubes e federacións deportivas da cidade, un plan director que da resposta ás necesidades de instalacións e espacios deportivos e satisface as demandas das máis de 300 entidades deportivas asociadas que existen na cidade, así como do máis dun millón de usuarios que pasaron instalacións deportivas de Vigo. Ademais, a futura Cidade do Deporte marca as liñas de futuro na planificación dos equipamentos deportivos da área metropolitana.


A futura Cidade do Deporte distribúese en dez grandes áreas:

Area 1 (50.000 m2): É o espacio para o deporte minoritario. consta de edificio central de xestión e dous pavillóns para a práctica de deportes minoritarios e de base como judo, loita, karate, esgrima, tiro con arco, ximnasia rítmica e deportes colectivos como o balonman, baloncesto, volei ou futbol sala. Dispon de sala de fitness, salón de actos, guardería, biblioteca e oficiña de xetión.

Area 2 (32.0000m2): Un pavillón de deportes colectivos con capacidade para 4.000 espectadores, espacio para deportes de raqueta, edificio de piscinas de remo e piraguismo, galería de tiro e zona de golf

Area 3 (20.000m2): Gran pavillón Arena con capacidade para 9.000 espectadores e destinado a grandes espectáculos deportivos e culturais, con dúas pistas polideportivas auxiliares e 3 salas deportivas.

Area 4 (50.000 m2): Zona de grandes campos polideportivos para rugby, béisbol, hockey e fútbol.

Area 5 (40.000 m2): Palacio de Deportes con velódromo, pista cuberta de atletismo, modulo de adestramento e deportes de sala, con capacidade para 12.000 espectadores e rocódromo cuberto. Nesta zona ubicase un palacio de xeo.

Area 6 (18.000 m2): Zona de auga con espacios interiores, piscina de medidas olímpicas de 50 metros e piscina con plataforma de saltos.

Area 7 (25.000 m2): Zona de actividades ecuestres con espacio de corda-doma e saltos e edificio de servicios para acoller grandes eventos deportivos

Area 8 (50.000 m2): Espacio do fútbol con 4 campos de herba sintética e edificio de servicios.

Area 9 (150.000 m2): O pulmón da Cidade do Deporte. Zona ludico-recreativa en contorno natural con pista finlandesa, parque trim, campos de area-volei, circuitos en bicicleta, espacios autorregulados para deportes autóctonos e tradicionais.

Area 10 (8.000 m2): Edificio residencial e casa dos clubes deportivos. Crease para cubrir as necesidade do tecido asociativo.

As liñas estratéxicas da Cidade do Deporte están dirixidas a cubrir as necesidades da cidade para o futuro, a convertila nun centro dinamizador do deporte na Comunidade galega e nun punto de referencia na eurorrexión. A Cidade do Deporte cubre os pilares do sistema deportivo da cidade: equipamentos, deportistas, responsables e actividades. Ademais, atende as necesidades das disciplinas minoritarias e do deporte base e achega aos cidadáns á actividade deportiva e física dende unha perspectiva máis integradora. Entre os seus obxectivos tamén está converterse no referente do deporte de alta competición e rendemento, así como acoller grandes acontecementos deportivos.
Descargar todas as imaxes