Escoitar

Os xoves contan cun novo servizo municipal no centro da cidade

A mocidade de Vigo conta desde hoxe cun novo espazo chamado "Punto Xove" situado na rúa López de Neira,27. O servizo da Consellería de Xuventude ofrecerá asesoramento e información sobre todos aqueles temas de interese para a mocidade.

luns, 7 mai 2007
1178538391puntoxove2.jpg
Este espazo foi rehabilitado e adaptado polo equipo municipal do BIAL da Concellería de Promoción Económica e Desenvolvemento Local do Concello de Vigo.

A alcaldesa, Corina Porro, subliñou que " a pretensión fundamental é achegarnos á mocidade de Vigo a través da creación dun novo servizo situado no mesmo centro da cidade. Queremos incrementar as vías de intercambio e colaboración entre a mocidade e as institucións municipais. Así mesmo intentaremos colaborar no fomento da participación ofrecéndolles asesoramento e información en temas acordes cos seus intereses e as súas inquedanzas".

Este espazo está dividido en dúas plantas. Na primeira está situada unha oficiña de información e asesoramento xuvenil con persoal técnico especializado e unha zona de autoconsulta e demanda informativa. Na segunda planta está emprazado un servizo de acceso gratuito a internet con equipamento de última xeración e unha sala multiusos pensada para as entidades e particulares interesados en realizar unha exposición, unha actividade formativa...

Este PUNTO XOVE está ademáis adaptado á poboación con discapacidades físicas de xeito que ningún mozo ou moza poida ser excluido para usar estas instalacións.

Servizos

-Atención directa e personalizada sobre todos aqueles temas de interese para a mocidade:ensino,emprego,ocio e tempo de lecer,turismo,saúde,vivenda, asociacionismo e participación, Ong´s e cooperación internacional

-Tramitación do Carné Xove.

-Autoconsulta e Fondo Documental.
Paneis informativos sobre convocatorias actualizadas que fan referencia a diferentes temas: cursos e xornadas, ofertas de emprego, bolsas e axudas, premios e concursos, viaxes…
Prensa diaria tanto local como nacional e diferentes publicacións de temática especialmente xuvenil: guias de recursos, directorios, guias de turismo, dossieres, suplementos, revistas, boletíns, folletos, dipticos…

-ALI ( Acceso libre a Internet)
Durante 1 hora diaria @s usuari@s poden facer uso según as normas estipuladas.
7 ordenadores con webcam
3 impresoras
Conexión wifi

-Rincón artistico
Lugar acondicionado para a programación de exposicións de arte ou de expresións de interese xuvenil

-Sala multiusos
O Punto xove estára aberto tanto para a realización de actividades programadas pola propia Concellaría, coma para o uso e disfrute das asociacións e grupos de moz@s da cidade para a realización de
diferentes actividades: charlas, proxeccións, exposicións, xornadas,traballos en grupo, etc.
Esta sala conta cun proxector de power point.
1178538391puntoxove2.jpg
1178538497puntoxove1.jpg
1178538522puntoxove3.jpg
Descargar todas as imaxes