Escoitar

Xunta de Goberno Local

venres, 19 xan 2007
A Xunta de Goberno Local está convocada para realizar sesión ordinaria na súa Sala o luns 22 de xaneiro, ás 8.00 horas en primeira convocatoria e ás 9.00 en segudna convocatoria, para resolver os asuntos da seguinte relación:

1.- Actas da sesións ordinarias do 18 e 26 de decembro de 2006, 8 de xaneiro de 2007 e extraordinaria e urxente do 29 de decembro de 2006.


BENESTAR SOCIAL
2.- Prestación do Servizo de Axuda no Fogar: alta exptes. 1/1715, 1/1208, 2/1108, 22/1441, 3/1217, 3/1215, 11/261, 11/1458, 11/1428.


CULTURA
3.- Fixación de prezos de venda de entradas para os espectáculos programados dentro da Rede Galega de teatros e Auditorios para o primeiro semestre de 2007. Expte. 10054/331.


DEPORTES
4.- Prórroga do contrato para a realización do mantemento do terreo de xogo do Estadio Municipal de Balaídos. Expte. 3861/333.

5.- Prórroga do contrato para a dirección técnica dos traballos de mantemento dos campos de fútbol de Balaídos, Barreiro e A Madroa. Expte. 3859/333.


EMPREGO
6.- Bases para a selección de oficiais para o Programa Bial –quenda 2007. Expte. 4112/77.

7.- Modificación da duración dos contratos da quenda 2007 do Programa Bial. Expte. 4211/77.


MULLER
8.- Contratación de monitoras para o Programa "Mollémonos o camiño elíxelo ti". Expte. 2771/224.

9.- Prórroga por un ano do contrato da Casa de Acollida para mulleres maltratadas. Expte. 2760/224.



PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
10.- Reclamación de Dª. Mª Teresa Cameselle Barcia de responsabilidade patrimonial. Expte. 253/243. Desestimada.

11.- Reclamación de Dª. Mª Carmen Pérez Larram de responsabilidade patrimonial. Expte. 440/243. Estimada parcialmente.

12.- Recurso de reposición interposto por Dª. Lisa Fernánde Hume contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial. Expte. 15086/240. Desestimado.

13.- Solicitude de D. Manuel Galego Pallarés e outros de descatalogación da rúa Pino-R1 como camiño público. Expte. 17836/240.

14.- Recurso de reposición interposto por D. Angel Alonso González contra acordo da X.Goberno local desestimatorio de descatalogación de lavadeiro en Cambeses. Expte. 17825/240. Desestimado.

15.- Recurso de reposición interposto por Dª. Ana Mª Iglesias Torres contra acordo desestimatorio de reclamación para reparación das zonas de uso público anexas ó edificio nº 61 da Avda. E. Martínez Garrido. Expte. 15362/240. Desestimado.

16.- Recurso potestativo de reposición interposto por D. Julio González Fernández contra acordo da X.Goberno local de recuperación de oficio da posesión do acceso á Fonte Pública nº 259 Bagunda-Lavadores. Expte. 17017/240. Desestimado.

17.- Reclamación da Comunidade de Montes Veciñais en man común de Cabral sobre a propiedade nº 10 do Inventario municipal de Bens e Dereitos. Expte. 17654/240. Desestimada.

18.- Expediente de contratación do servizo de prevención do alleo para a realización da especialidade da saúde para todo o persoal do Concello de Vigo. Expte. 16984/220.

19.- Adxudicación do proxecto de rehabilitación do buque municipal Bernardo Alfageme. Expte. 2892/307.

PERSOAL
20.- Recurso de reposición contra as bases específicas para a provisión das prazas de cabo e sarxento da Policía Local encadradas na Oferta de Emprego Público- ano 2005. Expte. 17000/220.

21.- Concesión de axudas especiais con cargo ó Fondo de Acción Social. Expte. 16985/220.

22.- Bases selección para a contratación en prácticas dun/dunha auxiliar de laboratorio. Expte. 16976/220.


TURISMO
23.- Autorización da asistencia da Concellería de Turismo a feiras internacionais (BOTT de Düsseldorf, BTL de Lisboa, FITUR 2007, BIT de Milán, ITB de Berlín, Campionato do Mundo de Saltos e Vigo Náutica Internacional en Cotogrande). Expte. 2069/104.

URBANISMO
24.- Recepción de obras de urbanización na UE IV-10 Ramón Nieto 4, Expte. 4593/401.

25.- Recepción das obras de urbanización da UE V-D do PERI IV-05 Travesía de Vigo-Aragón. Expte. 4702/401.

VIAS E OBRAS
26.- Modificación do convenio con Aqualia S.A. para nova tramitación de "licenza de calas". Expte. 49263/250.

27.- Expediente de contratación da subministración de materiais de ferretería, construcción e de áridos para o servizo de Vías e Obras. Expte. 50894/250.

28.- Rogos e preguntas.