Escoitar

O Concello renovou o convenio con Caixa Galicia para unha asistencia técnica

A Xunta de Goberno Local renovou hoxe luns o convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Obra Social de Caixa Galicia para unha asistencia técnica do Programa de Microcréditos.

luns, 28 ago 2006
A renovación do convenio de colaboración do Programa piloto de Microcréditos aprobouse ata o 31 de decembro do 2007. Esta firma fai necesario a contratación dunha asistencia técnica para reforzar técnicamente o Servizo de Asesoramento a Emprendedores (SAE) durante un período de 12 meses, cunha axuda de 30.000 euros por parte de Caixa Galicia. Esta cantidade debe cubrir os custos salariais totais da contratación dunha persoa para o equipo técnico durante o período dun ano.

O Concello de Vigo e Caixa Galicia en novembro de 2004 asinaron un convenio de colaboración para a promoción do Programa piloto de Microcréditos ata decembro de 2005. En xullo deste mesmo ano firmouse un novo convenio polo que Caixa Galicia financiaba a asistencia técnica para reforzar a estructura operativa do Servizo de Asesoramento a Emprendedores por seis meses, por unha cantidade de 15.000 euros.

O consistorio vigués, a través da Concellaría de Desenvolvemento Local e Emprego e Caixa Galicia, a través da Obra Social, visto o rendemento do programa comparten a conveniencia de manter as condicións do convenio do ano 2004