Escoitar

As reparacións do Centro Cultural de Valadares estarán rematadas a finais de mes

A concelleira Marta Iglesias visitou hoxe luns o novo Centro Cultural Artístico e Recreativo de Valadares, para comprobar o estado das obras de mellora do edificio antes da súa recepción por parte do Concello. Os traballos corren a cargo da Xunta de Galicia.

luns, 14 ago 2006
A actuación, que se prevé estea finalizada a finais deste mes, débese aos defectos de obra detectados nesta construción. Marta Iglesias verificou a boa marcha das reparacións, que se centraron en resolver os problemas de humidade e as deficiencias do chan e que están a día de hoxe nun estado "bastante avanzado", segundo afirmou a concelleira.

Por outro lado, Marta Iglesias aproveitou a súa visita para informar a Xunta Directiva da Asociación de Veciños de Valadares de que "xa está en marcha" o expediente de contratación da dotación de novas butacas e equipamento escenográfico para o centro, por un importe de 120.000 euros. A concelleira dixo esperar que o edificio conte "en breve" con esta dotación.