Aberta a inscrición para participar na XXVIII Medio Maratón de Coia
A Medio Maratón de Coia celebrarase o próximo 21 de maio sobre un circuíto urbano na cidade de Vigo, homologado pola Real Federación Española de Atletismo.
A carreira iniciarase nas inmediacións da Asociación de Veciños Cristo da Victoria, entidade organizadora, e discurrirá pola Avenida Castelao, Avenida de Europa e Avenida de Samil, sobre a que os atletas terán que dar 3 voltas. Un perfil de carreira nada fácil para os deportistas, esixente desde os inicios, e onde a preparación psicolóxica xogará un papel importante para controlar o efecto que producirán as subidas e baixadas continuas durante os 21,097 quilómetros da carreira.. Haberá postos de avituallamento y sinalización nos quilómetros 5, 10, 15 e 20; e de auga e esponxas nos puntos intermedios.
O 19 de maio será o último día para inscribirse na Medio Maratón de Coia. Poderase facer de tres maneiras: por teléfono chamando ao 986 233 093; persoalmente na rúa Redondela 6; ou a través de Internet en avvcvictoriacoia@yahoo.es
Descargar todas as imaxes