Escoitar

Corina Porro entrevístase cunha representante da ONG nicaragüense Inpruh Somoto

A alcaldesa, Corina Porro, entrevistouse hoxe mércores con Gladys Cáceres, da ONG nicaragüense Inpruh Somoto, quen visita Galicia convidada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade coa que colabora o Concello a través dun convenio para o desenvolvemento de proxectos de cooperación no Terceiro Mundo.

mércores, 10 mai 2006
1147265496nicaragua.jpg
O Fondo Galego ten asinado un convenio de colaboración co Concello de Vigo, que se renova anualmente. O importe do ano 2005 foi de 64.000 euros. Do monto total, 60.000 euros destinaranse á promoción de actividades de ONGDs e 4.000 a actividades de sensibilización e/ou axudas urxentes.

A Cidade de Vigo ten asinado xunto con Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Ferrol e Pontevedra, a "Declaración Política das Cidades", na que se manifesta a necesidade de reforzar os mecanismos integradores, homoxeneizadores da cooperación propiamente municipalista e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
Descargar todas as imaxes