Lucía Molares visita o primeiro colexio en finalizar o proxecto "Camiña con nós pola igualdade"
A concelleira da Muller, Lucía Molares, visitou hoxe martes o Centro de Educación Infantil e Primaria Chans, de Bembrive, o primeiro en finalizar as actividades contra a violencia de xénero e a favor da coeducación incluídas no proxecto municipal "Camiña con nós pola igualdade".
Lucía Molares dirixiuse aos alumnos do colexio para salientar a necesidade das actitudes e comportamentos que favorecen a igualdade entre homes e mulleres, así como dunha educación destinada a que tanto nenos como nenas colaboren para conseguir este obxectivo. A concelleira entregoulles aos alumnos e alumnas de catro anos cordas para saltar e animou os nenos a xogar con elas tamén.
O obxectivo principal de "Camiña con nós pola igualdade" é fomentar a educación en igualdade de oportunidades entre nenos e nenas para promover a coeducación e previr a violencia de xénero. Este proxecto enmárcase no II Plan de Acción Municipal para Combater a Violencia contra as Mulleres 2004-2007 e no III Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Vigo 2005-2007.
Participan neste proxecto un total de 1.565 alumnos de 20 centros educativos de Vigo (ver relación no anexo).
Dúas licenciadas en pedagoxía levan traballando desde setembro de 2005 en colaboración cos colexios para desenvolveren as actividades de "Camiña con nós pola igualdade".
Fases do proxecto
Nunha primeira fase (de setembro a decembro de 2005), o traballo centrouse en informar os centros, a través de materiais de difusión como cartas de presentación e trípticos, sobre o proxecto da Concellaría da Muller, así como en recoller datos sobre os intereses e necesidades da comunidade educativa en relación á proposta municipal.
Tamén neste período, realizouse unha revisión bibliográfica e de material didáctico para buscar posibles lagoas en ámbitos como a coeducación, a educación afectivo-sexual, a igualdade de oportunidades e a violencia de xénero. Ademais, deseñáronse actividades e material didáctico para a posta en marcha de obradoiros dirixidos aos alumnos e alumnas de 2º ciclo de Educación Infantil e Educación Primaria.
Na segunda fase do traballo, de decembro de 2005 a xaneiro deste ano, a Concellaría da Muller enviou carteis, trípticos e follas de inscrición á comunidade educativa para convidala a participar no proxecto. Por outra parte, durante este tempo continuou a elaboración de material didáctico.
Finalmente, no pasado mes de febreiro comezaron a desenvolverse os obradoiros naqueles centros que solicitaron participar en "Camiña con nós pola igualdade". Esta terceira fase finalizará en xuño.
A Concellaría da Muller deu prioridade, para a realización das actividades do programa, ao 2º ciclo de Educación Primaria (tres, catro e cinco anos), por tratarse dunha etapa idónea para traballar a coeducación, a igualdade de oportunidades entre xéneros e a prevención de condutas violentas. O outro foco de atención de "Camiña con nós pola igualdade" é o sexto e último curso de Educación Primaria, ao tratarse dunha etapa de transición cara á Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).
Ao finalizar o programa, en cada unhas das aulas teranse levado a cabo catro obradoiros, lográndose, deste modo, unha intervención continuada durante o presente curso escolar. Para a realización das actividades previstas, cada colexio recibirá material didáctico (detallado no anexo). No curso 2004-2005 a Concellaría da Muller entregoulles aos centros educativos lotes de libros e cómics, así como unidades didácticas coeducativas. Ademais, os alumnos e alumnas participantes no proxecto "Camiña con nós pola igualdade" recibirán varios agasallos (ver anexo).