O Concello tramitará as solicitudes de tarxetas de desconto da peaxe de Rande
O Concello de Vigo vai centralizar nas súas oficinas de información a tramitación das solicitudes de tarxetas de desconto da peaxe de Rande. O Goberno municipal pretende deste xeito facilitarlle a obtención desas tarxetas aos vigueses que as desexen utilizar.
Dende hoxe, as persoas empadroadas en Vigo poden solicitar no Concello a correspondente solicitude para eludir o pago da peaxe na autoestrada entre Vigo e O Morrazo. Terán que cubrir un impreso e a Administración municipal encargarase de adxuntarlle o necesario certificado de empadroamento e a xustificación de estar ao corrente no abono do imposto de vehículos. O Concello tamén se encargará de tramitar estes documentos ante a Consellería de Política Territorial, que e quen decide finalmente sobre as peticións realizadas.
O voceiro do Goberno, Xavier Toba, explicou que a creación desta “ventá única” responde ao desexo do Goberno municipal de facilitarlle aos vigueses a realización de trámites administrativos. En calquera caso, dixo Toba, o Goberno vigués mantén a opinión de que cómpre dar máis pasos cara a total liberalización da peaxe na ponte de Rande.
Convenio de cooperación para a execución de obras no pavillón das Travesas
O Concello de Vigo realizará as obras necesarias para instalar unha nova cuberta no pavillón das Travesas a través dun convenio coa Secretaría Xeral para o Deporte. Esta actuación, que dispón dun presuposto de 25 millóns de pesetas, complementará as reformas realizadas.
Ademais, instalarase un novo alumeado integral nas instalacións do complexo deportivo de Samil segundo un plano presupostado en preto de 5 millóns de pesetas.