O Concello participa en programas europeos para a protección das mulleres víctimas da violencia
A Concellería da Muller presentou un proxecto á Unión Europea para estudiar a prevalencia das conductas sexistas na sociedade en relación coa violencia contra as mulleres, dentro da iniciativa comunitaria Daphne. No caso de conseguir a subvención, participarán na elaboración deste estudio os Punto Informa Dorna e o da Vocalía da Muller da Federación ”Eduardo Chao” e maila Asociación de Mulleres Ovarias.
Outros proxectos Daphne nos que participa a Concellería da Muller son para a elaboración e difusión de materiais pedagóxicos no acollemento de menores nas Casas de Acollida e outro para a realización de accións destinadas ao establecemento de redes de intercambio de información e cooperación a escala comunitaria.
O programa Daphne pretende apoiar o labor de institucións públicas locais en materia de protección da muller e do menor, víctimas da violencia. Este programa fomenta o intercambio de ideas e prácticas adecuadas mediante a formación de redes e deseño de proxectos piloto comunitarios.
Vigo acollerá tamén o vindeiro ano o segundo encontro das socias do proxecto ”Emprego e cidadanía activa das mulleres” que promove a cidade de Sao Paulo dentro da iniciativa Urbal. Neste programa, no que está asociada a Concellería da Muller, prevese a sinatura dun convenio coa asociación de mulleres Ovarias para a posta en marcha dun dispositivo de emprego destinado a mulleres que sufriron ou sofren maltrato.
PROGRAMA DAPHNE
Descargar todas as imaxes