Escoitar

A alcaldesa comprométese a axudar a Proxecto Home na integración de drogodependentes con patoloxía dual

Corina Porro comprometeuse a realizar xestións ante a Xunta de Galicia para facer viable o novo recurso posto en marcha por Proxecto Home para a atención e integración psicosocial de drogodependentes con patoloxía dual.

venres, 5 ago 2005
1123241995home.jpg
Este recurso, segundo explicou o director de Proxecto Home Galicia, Ramón Gómez, despois dunha reunión mantida hoxe venres coa alcaldesa, consiste no tratamento personalizado de pacientes que, ademais de padecer drogodependencia, sofren as consecuiencias desta na forma de transtornos de personalidade ou problemas graves de saúde.

Para este fin, Proxecto Home, nunha acción coordinada coa Concellería de Benestar Social, habilitou 25 prazas residenciais a tempo completo e 60 prazas de ambulatorio, co obxectivo de liberar as familias dos pacientes da carga que estes supoñen.

A iniciativa de Proxecto Home inclúe obradoiros prelaborais para a integración dos drogodependentes no mercado de traballo. Outra liña de actuación é a da prevención, polo que tamén se realizan tarefas informativas e de concienciación en centros escolares.

Segundo Ramón Gómez, Corina Porro "é unha grande admiradora do noso traballo". O director de Proxecto Home Galicia recordou que a alcaldesa se intereseou polo novo recurso obxecto da reunión de hoxe "cando ela era conselleira de Asuntos Sociais".
Descargar todas as imaxes