Escoitar

III Xornadas de rol, cartas e estratexia "As portas do Hades"

A concellería de Xuventude, dentro da súa programación "Verán Xove" organiza estas xornadas en colaboración coa Asociación Xuvenil Cancerbero e que inclúe actividades como torneos de warhammer, magic, pintura de miniaturas, concurso de relatos, rol en vivo...

venres, 5 ago 2005
1123241408rol.jpg
Dentro da programación de verán da Concellería de Xuventude "Verán Xove", terán lugar dende hoxe mesmo e ata o 7 de agosto, no Pavillón do Berbés, as III Xornadas de rol, cartas e estratexia "As portas do Hades".

Organizadas pola Asociación Xuvenil Cancerbero, estas xornadas pretenden dar a coñecer e divulgar este tipo de xogos como unha actividade de ocio que fomenta hábitos positivos e contribúen a desenvolver aspectos como memorización, capacidade de abstracción e de planificación a curto e medio prazo, constancia, responsabilidade, traballo en equipo, fomento da lectura, .... Tamén pretenden ser un punto de encontro e referencia para os afeccionados a este tipo de xogos a nivel estatal.

Entre as actividades que se levarán a cabo, sinalar: torneos de warhammer, magic, pintura de miniaturas, concurso de relatos, rol en vivo, xogos de rol de mesa e de cartas, etc.

As II Xornadas "As portas do Hades" están enmarcadas dentro do Plan Nexus, proxecto cofinanciado pola Concellería de Xuventude e a Comisión Europea co fin de dinamizar a participación xuvenil na nosa cidade.
Descargar todas as imaxes